24/4/22

Letras Galegas 2022

 




Dende 1963 cada 17 de maio celébrase o Día das Letras galegas para homenaxear a persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e a defensa do idioma. Dende Rosalía de Castro ou Castelao nos primeros anos ata Florencio Deldado Gurriarán neste 2022



Delgado Gurriarán naceu o 27 de agosto de 1903 en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Despois, por motivo da profesión de seu pai, perito agrícola e funcionario do Ministerio de Fomento, toda a familia viviu en Ourense, Palencia e Valladolid, onde Florencio estudou a carreira de Dereito entre 1918 e 1924.

Durante a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), en Delgado Gurriarán aséntanse os ideais republicanos e plenamente galeguistas. Comezou a militar no Partido Galeguista (PG), 
Florencio estivo sempre moi activo nos círculos galeguistas e isto fixo que durante a Guerra Civil tivera e exiliarse en México.

Videoclip baseado nun poema de Florencio Manuel Delgado Gurriarán feito no CEIP Carballa

Os vértices da poesía de Delgado Gurriarán xiran arredor de tres eixes temáticos e estilísticos: a obra lírica e sensual de Valdeorras, compilada no libro Bebedeira; a poesía de loita e defensa da lingua galega e belixerante contra o fascismo, que se publicou sobre todo en Nueva Galicia e se recolleu no libro O soño do guieiro. O terceiro eixe é o da poesía crioula recollida nas revistas Saudade e Vieiros e no libro Galicia infinda, na que o autor mostra a súa admiración pola realidade mexicana e a capacidade da lingua galega para dialogar cun sistema literario tan diferente como o mexicano.

Actividades Seminario Galán

Telexornal CEIP Dices, Rois

















22/4/22

Maios 2022

 


Un ano máis volven os maios e trataremos de manter viva esta tradición creando e cantando coplas. Faremos ademais un maio, actual e adaptado ás circunstancias que non segue as características do maio tradicional que son as que seguen.

 O maio tradicional só admite materiais naturais. Debía ter forma cónica ou piramidal 

Desde hai moitos anos, durante a Festa de Os Maios varias localidades galegas celebran un concurso no que premian ao mellor maio pero tamén ás  mellores coplas, que son parte indispensable da celebración. Trátase de pequenas composicións satíricas entonadas polos máis pequenos, que acompañan col ritmo de dous paus. As coplas trataban tradicionalmente de escándalos locais ou criticaban algún personaxe da localidade coñecido por todos os veciños.

Coplas do noso cole de cursos anteriores

 Outra manifestación propia desta época ligada aos maios é a de  la de poñer durante a Festa dos Maios nas portas das casas ou nos vehículos ramas de xesta .