28/2/20

Ravachol

O loro Ravachol é xa un símbolo da cidade de Pontevedra pero especialmente do entroido. Co  seu enterro e queima péchase o carnaval na nosa cidade, por eso hoxe lle adicamos toda a nosa atención.
Recordamos que o loro era de Don Perfecto Feijoo, era moi crítico e atopábase na botica da Praza da  Peregrina. Morreu  un luns  de entroido.


21/2/20

Entroido 2020

Hoxe venres celebramos o entroido no cole. Ademais de degustar deliciosas filloas, orellas e outros postres de entroido

 ... nenas, nenos e mestres participamos nun desfile coa temática do circo e o humor en xeral. Esperamos que fóra do gusto de público e participantes.











Para rematar a canción imaxìnate. Coma sempre un estupendo traballo do profe de música.


19/2/20

COMADRES E COMPADRES




Na provincia de Ourense hai dous días especiais que dan comenzo ao entroido, son o dos compadres e o das comadres.
O xoves de comadres para os pequenos existe unha celebración especial na que os nenos fan uns monecos chamados comadres que logo as nenas teñen que romper nese mesmo día. Pola noite é unha noite de mozas na que saen a maioría das mulleres aproveitando para xuntarse e divertirse.
O xoves seguinte é o dia de compadres e son elas as que fan os monecos aos que chaman compadres e eles os que os rompen.
O último moneco que queda sen romper cada un dos días gárdase para o ano seguinte.
O alumnado de 5º curso do noso cole ,coa das súas familias, tamén elaboraron compadres e comadres. Nas s
fotos podedes ver algúns deles







14/2/20

Entroido : Madamas e Galáns



Comeza o entroido así que durante esta semana ademais de divertirnos e disfrazarnos trataremos de dar visibilidade a algúns dos entroidos tradicionais de Galicia. Empezamos coas ‘Madamas’ e ‘Galáns’ de Cobres

 

Cobres (Pontevedra), as madamas e os galáns son os seus personaxes típicos do entroido, acompañados por unha charanga recorren a zona levando consigo a festa e o baile. Esta caracterización destaca pola ostentación dos seus traxes que representan un rango social e económico da época

As madamas, mozas atrevidas con vistosas saias con encaixes, blusa branca sobre a que lucen un peto con cadeas e outros adornos metálicos imprimíndolles aires matronais, ainda que o seu  elemento máis destacado é  e o seu espectacular sombreiro. Os galanes visten tamén con un gran sombreiro, unha camisa branca adornada con cintas de cores, corbata, pamo de seda, pantalón branco e zapato negro.


3/2/20

Día da Paz

Con música, pombas e recordando a mulleres que fan ou fixeronn el mundo un lugar mellor conmemoramos o 30 de xaneiro o DENIP.
Eu teño alguén video do alumnado cantando