25/10/22

XA CHEGA O SAMAÍN

 Como cada ano por este tempo imos recordar aos pobos celtas que hai tantos anos viviron aquí. 

Coma sempre faremos as nosas cabazas e vestiremonos para a ocasión. Ademais  traballaremos o conto  de Clara de Saá.


Segundo conta a tradición na noite de Samaín pasan cousas máxicas e para ter boa sorte na porta das casas póñense cabazas con velas acesas. 

Fermín, o monstro das castañas estase a preparar para o concurso de sustos.

Le o conto no picnshando na portadad do conto e dinos cómo asustarías ti a algúen si puideses participar nese concurso.

Deixa na urna da entrada un escrito coa túa idea.

 Igual levas un susto!!



4/10/22

Actividades do SNL do Concello de Pontevedra

 ● Bótalle un conto

Concurso de contos orais aberto á participación da cidadanía. Pódese ver a final da edición anterior no seguinte video:



En breve estará aberta unha nova edición!!

 ● En3vistas

Programa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que trae ás rúas e prazas da cidade a persoas que se teñen significado polo seu uso da lingua galega en diferentes espazos e contextos, facéndoa visible e dignificándoa en diferentes contextos.




● Programa Apego

Programa para promover a socialización en galego de nenas e nenos de 0 a 6 anos, a través das familias e das persoas coidadoras e educadoras. Este programa ofrece formación, recursos, actividades formativas e espazos de socialización.

No enlace atopareces información e ...