19/12/12

A LINGUA GALEGA TAMÉN NOUTROS MUNDOS

Dende o día 20 de novembro puidemos ter no noso centro a exposición titulada: A Lingua Galega tamén noutros mundos". Deste xeito, o noso alumnado constatou como a nosa lingua non ten os límites xeográficos de Galicia, senón que vai moito máis alá. Percorre o mundo e as mentes de escritores e poetas deste tempo e de tempos pasados, como Federico García Lorca, quen escribiu varios poemas en galego. Un deles é a letra da fermosa canción "Chove en Santiago". Podedes escoitala se ides á entrada da columna da dereita "Son de poetas", vale a pena!!

A exposición constaba de doce paneis que trataban dos seguintes temas:



18/12/12

MURAIS E FOTOS DO NADAL

Este Nadal adornamos o noso "cole" cuns fermosísimos murais. Dende os máis pequenos até os maiores, todos colaboraron para engalanar as paredes cuns traballos cheos de cor e orixinalidade.



Por certo, os nenos e nenas de 6º B xa saben quen é o Apalpador. Teñen moita información, até saben a estrada que hai que coller para chegar preto da súa casa!!!

Polo  3º nivel tamén andan facendo uns interesantes traballos de investigación. 

  FOTOS DE E.I. 3 ANOS B

17/12/12

O LIBRO DO OUTONO E MURAIS DE OUTONO



Qué impresionantes  murais se fixeron este outono, moito traballou o alumnado do "cole",  sobre todo os nenos e nenas de EI.



A continuación tendes O Libro de Outono, nel pódense atopar unha chea de fermosos traballos referidos ao outono, o Magosto e o Samaín.

 O Libro do Outono. PREME AQUÍ
 
















ESTES SON OS VOSOS ESTUPENDOS TRABALLOS. PARABÉNS A TOD@S: NENOS, NENAS , PROFESOR@S E PAIS/NAIS. 

12/12/12

PANXOLIÑAS

E agora imos cantar unhas panxoliñas ou, polo menos, escoitalas, non?


27/11/12

E AGORA... O NADAL CO APALPADOR

A continuación, tendes uns enlaces moi interesantes para o Nadal:

Recursos para traballar nas aulas da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.



O PAPÁ NOEL GALEGO: O APALPADOR.
Se queres saber máis sobre este personaxe, preme na foto.









Que traballadores son estes nen@s de 3º A!!! Logo de ver a pregunta que apareceu nos corredores sobre quen era o Apalpador, puxéronse mans á obra investigando sobre este personaxe en Internet -supoño que tamén miraron no mural das escaleiras-, e así fixeron estes impresionantes traballos. Hai que felicitalos a el@s e á súa "profe"!!


  O CONTO DO APALPADOR

CONTO DO APALPADOR EN PDF
 
 QUERES CANTAR A CANCIÓN DO APALPADOR?

22/11/12

ADIVIÑAS E REFRÁNS

Agora tócalles aos nenos e nenas de 1º B e 2º, eles serán os encargados de propoñernos unhas divertidas adiviñas e de recitar unha chea de refráns destas datas. Queredes escoitalos?

19/11/12

CANTIGAS DO MAGOSTO E FOTOS

Aquí tendes o vídeo das cantigas de EI e primeiro A, que ben cantaron e recitaron estes artistas!!! Pero, aínda faltan as adiviñas de primeiro B  e os refráns de segundo. Será nunha próxima entrega.

 FOTOS DO MAGOSTO
 

8/11/12

QUEN FORON OS CELTAS?

A ver se recoñecedes as voces dos vosos compañeiros e compañeiras do 2º ciclo! Estes alumnos/as son os estupendos narradores deste vídeo sobre os celtas. Queredes saber quen foi ese pobo? Pois... aquí o tendes.

30/10/12

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Os nenos e nenas do noso cole traballaron moito para facer unhas fermosas e, tamén, arrepiantes cabazas. Admirádeas!

3/10/12

XA CHEGOU O OUTONO

 Nesta estación emprázanse dúas celebracións ben interesantes: o Samaín e o Magosto. Se queredes saber algo máis sobre estas festas, podedes consultar as ligazóns que aparecen a continuación. Con elas poderedes aprender e divertirvos!

 

Non vos esquezades de presentar os vosos traballos de investigación ou de creación literaria para o noso "Libro do Outono", o prazo de entrega remata o 31 de outubro. A continuación, tendes unha morea de refráns, adiviñas, cantigas... que podedes utilizar. Animádevos!!

Ligazóns sobre o Samaín e o Magosto:


XOGO DO SAMAÍN
 Que é o Samaín? Preme aquí.
 Samaín de Cultura Galega. Preme aquí. 
O Samaín e os celtas de Galicia espallada.
O Samaín e demais celebracións celtas.
 Samaín , o aninovo celta. Preme aquí.
 Que é unha cabaza? Preme aquí.
 Os celtas. Preme aquí.
Manualidades e debuxos. 
Manualidades do Samaín.
Debuxos de cabazas. 
Mandalas de Samaín.


O Magosto (Galicia espallada). Preme aquí. 
O Magosto (Wikipedia).

A castaña e o castiñeiro. Preme aquí.

Máis sobre o castiñeiro en Galicia. 

Actividades e información  sobre o Magosto en Jclic. Para o 2º e 3º ciclo de Primaria.

Actividade LIM para os tres ciclos de Primaria.

Cantigas, refráns e adiviñas do Magosto.Recompilación realizada polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüiística do Centro.

Debuxos do outono para colorear. 

 Máis debuxos de Educima.



E agora, un fermoso poema de Antonio García Teijeiro e moito máis!

                                             OUTONO

As árbores espidiñas

sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
   amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
 cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
      folliñas
que veñen e van.
      Folliñas
lixeiras e secas
               fatigadas
                 de troular.
                            
Folliñas
      que bailan
         co vento
   todas collidos
        da man.
                         
        POEMA de  Antonio García Teijeiro. Se queres saber algo máis sobre este autor preme aquí.                                                                               
                                            
ADIVIÑAS (Nas ligazóns anteriores tes moitas máis)
 
Ten pelexo coma a xente,
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.

                                                       
                                                                  Alto me vexo
                                                                  no meu capelexo,
                                                                 por unha risada
                                                                quedeime sen nada.

Alto está,
barbas ten,
ri e solta o que ten .
                                                                      No aire se cría,
                                                                   no aire se ten;
                                                      bota unha risada
                                              e perde o que ten.




Mirade que vídeo máis chulo! Por que corre a cabaciña?


29/6/12


12. PEQUENOS ACTORES E ACTRICES

       Os alumnos de 5º B participaron na dramatización de diversas escenas teatrais, tal como se observa no vídeo seguinte:


7/6/12


11. SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

       Perante a Semana Cultural das Letras Galegas desenvolveuse un amplo programa de actividades, sintetizadas mediante o seguinte tríptico:

      Mira algunhas das actividades da Semana en imaxe!:
  • I CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS EN DEFENSA DO GALEGO:










                                * E, os premiados foron:

                                    * Ángela Losada Pérez (3º)

                                             *Lena González García e Sergio Álvarez Silva (4º)

*Sofía Domínguez e Andrea F. Area (5º)

*Lucía González Arias (6º)


  • MARATÓN DE LECTURA EN GALEGO:  En homenaxe á figura de Valentín Paz Andrade, participamos na lectura de diversos poemas do autor como serían, a modo de exemplo, os seguintes:
 
A FLAUTA DO BERNARDINO
Ao monte van as ovellas
de cabalo do mencer,
Bernardino vai con elas.
A flauta de Bernardino
ciscou un solo no ar,
pastorileira de trino.
A fame a flor de fociño
furga o verde pan na neve,
cada boca seu foliño.

AS BRUXAS DE VOZQUEIMADO
As bruxas de Vozqueimado
deixan as vasoiras fóra,
para tornar enmeigado
ao que camiña a deshora.
Lobo na sombra enfoulado
que cando aos bultos oubeas
pos o silenzo esgazado,
feito farrapos de tea.

CANTARELA DO CAMIÑANTE
Deixo moza no lugar
deixo a miña nai soiña,
quedan pra min a fiar
amor e lán na cociña.
Levo pan para o camiño,
levo caxata na man,
e beberei fresco viño
no regato de Chavián.
  
CANTARELA DO CANTEIRO
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
Con sílaba de ferreiro
canta, canta,
os minerais sonos debullando,
plim-plim, plim-plim, plim-plim...
canta, canta o teu cicel.
A túa arte, canteiro,
arte maior do pico e da marreta,
que xeolóxico verso,
na castidade crúa do perpiaño
labrará para min?
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
As voces unisílabas da pedra,
só por túa mao, canteiro,
se xuntaron
ao pentagrama máxico do mundo.

O BARCO DE SOMBRAS
Despois da meia noite de Vilaxoán partían...
Polo peirao durmido vultos de homes da vila
pouco a pouco engulidos por un barco sen luces
a pasarela entrando en alongada fila.
Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvora
repican a maitíns as monxas dun convento,
as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen,
o mar saúda o barco coa súa mao ao vento.
Alá fica Rianxo con Castelao de fora,
e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro.
Despois o barco vira a costa de Pondal
para ter da liberdade o rumo verdadeiro.
Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza,
as cantábricas puntas de Galiza dixeron:
Adeus fillos da Terra as alleas ciscados
e que Deus vos recolla no anaco que nos deron!
De aqueles que unha noite de Vilaxoán partiron
poucas malvas darían camposanto da Terra.
A dispersión, a praga bíblica de Galiza,
nos exiliados roe como cinzas da Guerra.

CANTIGA MATINAL DE SAMIL
A cabalo da mañá
teño unha baranda nova,
para escoitar a riveirana
de luces de cada aurora.
Bañado na onda do mare
e peneirado na brisa
entre as palmas do mencer
entrou encoiros o día.
A gasa da néboa ao lusco
ten remendos amarelos,
que lle botan á mañá
as roupas dos bolicheiros.

  • EXPOSICIÓN DE TRABALLOS VOLUNTARIOS NO XORNAL-MURAL:



  • CONSTRUCCIÓN DO RECUNCHO DO PEQUENO ESCRITOR: É un espazo destinado á consulta dos libros elaborados polos alumnos durante o presente curso, así como en anos anteriores.

26/4/12

10. AS ADIVIÑAS DA ESFINXE CATALINA
No mes de marzo apareceu en Barcelos a esfinxe Catalina que se quedará connosco ata xuño. A súa misión consiste en retar ós nenos a resolver os seus enigmas e aqueles que o consigan antes recibirán un premio!


* GAÑADORES

MARZO
**1º CICLO:
-CARLA SÁNCHEZ   (1º B)
-JORGE FERNÁNDEZ PIÑEIRO  (2º A)
-ROI  (2º B)
 **2º CICLO:
-NURIA    (3º B)
 **3º CICLO:
-ANABEL SÁNCHEZ  (5º A)
-GONZALO PEÓN PENA (6ºA)
-AITOR PIQUER (6º B)

ABRIL
- CANDY (1º A)
- CARLA (1º B)
- NOA (2º A)
- CANDELA(2º B)
**2º CICLO:
- BENJAMÍN LÓPEZ GARCÍA (3º A)
- NURIA (3º B)
- LUCÍA MONTALVÁN REFOJO(4º A)
- PAULA (4º B)
**3º CICLO:
-MARCOS FERNÁNDEZ PIÑEIRO (5º A)
-LUCÍA GONZÁLEZ ARIAS (6º A)
-ÁNGELA SÁNCHEZ (6ºB)

MAIO

** 1º CICLO:
- BERNAL(1º B)
- MARÍA ABOY RUIBAL (2º A)
- CANDELA (2º B)
**2º CICLO:
- EVA LAGO COVAS (3º A)
- IRENE (3º B)
- SABELA(4º A)
- PAULA (4º B)
**3º CICLO:
-DENISE FIGUEIRAS ÁLVAREZ (5º A)
-GONZALO PEÓN PENA (6º A)

XUÑO
** 1º CICLO:
- MARÍA (1º A)
- JOSÉ PICALLO (1º B)
- MARÍA ABOY RUIBAL (2º A)
- LARA (2º B)
**2º CICLO:
- PAULA FERNÁNDEZ (3º A)
- CARMEN RUIBAL SÁNCHEZ (3º B)
- ESTHER GARCÍA RINCÓN (4º A)
- PAULA ORDÓÑEZ CASTRO (4º B)
**3º CICLO:
-DIMAS (6º A)

25/4/12

9. BOLETÍN INFORMATIVO "EN GALEGO MOLA MÁIS"(VOL. I)




8. CALENDARIO DOS PEQUES
Os nenos de 4 anos confeccionaron o calendario do ano 2012 como obsequio polo día do pai:









7. UN ENTROIDO CON MOITO GUSTO
Con motivo do entroido, recopilamos receitas de comidas típicas deste festexo:
 * Título: Follas de limón
*Curso: 3º A


* Título: Rosquillas
*Curso: 4º A


*Título: Filloas
*Curso: 4º A

*Título: Cocido
*Curso: 6º B
Tódalas receitas elaboradas durante o curso foron compiladas mediante o libro de cociña "Ummm, que rico!":



 

24/4/12

6. UNHA MENSAXE DE PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o acto conmemorativo da Paz no que cantamos diversos temas:



*Tema cantado polo alumnado
de Educación Infantil
Tamén propuxemos infinidade de fermosos desexos: