2/12/20

Canal youtube

 O SXPL pon á nosa disposición un canal de youtube no que podemos visualizar de forma doada diferentes recursos en lingua galega.

Aquí deixamos o enlace

Canal youtube

17/11/20

A CULTURA SEGUE

 

A maxia das nosas Letras. Mago Teto

6 vídeos de ilusionismo baseados na obra de figuras como de Rosalía de Castro, Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Curros Enríquez.



Podes ver máis videos picando no seguinte enlace:

Portal da Lingua 







6/11/20

Entrega de diplomas e obsequios

Todos os participantes no concurco de cabazas recibiron hoxe un diploma e un pequeno agasallo. Deixamosvos algunha foto

3/11/20

PREMIOS CABAZAS

 Foi moi difícil tomar unha decisión porque hai moita creatividade detrás de todas as cabazas. Así que a nosa noraboa a tódalas familias participantes.

O venres faremos entrega duns obsequios para todos, pero aquí van as seleccionadas.

MARTÍN VIREL

CARMEN GUERRA

MANUEL INSUELA

BELINHA GONÇALVES

 

No capítulo de traballos feitos con follas os gañadores son LÍA E LOIS. Felicidades!!



29/10/20

I concurso de cabazas e outros froitos de outono

 Xa estamos a recibir as primeiras fotos de cabazas, esta fin de semana presentaremos todas as que nos enviedes. E o martes publicaranse os gañadores.

Moitas grazas por participar!!

Estas cabazas foron elaboradas no cole pola profe Noa e o alumnado de  de 4º de Ed. Infantil .



Sabedes que tamén podedes enviar cousas feitas con follas coma estes fantásticos traballos feitos por Lois e Lia ou con outros materiais  coma o lobo-mounstro de reciclaxe feito por Diego.













Pincha no enlace para ver a presentación das fotos recibidas


E aquí están as últimas



NORABOA A TOD@S E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR. O MARTES PUBLICAREMOS OS NOMES DOS  GAÑADORES E GAÑADORAS.

22/10/20

SAMAIN



 A nós non nos frena ningún virus, por eso aínda que este curso os protocolos non nos permiten celebrar a exposición de cabazas á que estamos acostumados, invitámosvos a facelas igualmente e enviar fotos ao  noso correo electrónico para que poidamos velas e subilas ao blog. Tamén podedes enviar fotos de cousas feitas con follas e froitos de outono.
 Enviade unha foto do proceso de elaboración e outra do traballo xa rematado. Podedes envialas ata o sábado día 31.

ceipbarcelos@gmail.com

Haberá sorpresas para os máis creativos!!

Tamén vos deixamos un enlace a unha canción para animarvos mentras traballades

6/10/20

Propostas para o tempo libre

Manuel María empeza o se u poema A FALA dicindo:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,

...

Dende o noso blog covidamosmos a gozar este outono, xunto coas vosas familias, da nosa lingua con alguna das actividades propostas pola Xunta de Galicia a través de Falaredes

Monstros no camiño, teatro

 8 de novembro, ás 11:30 horasCasa da Cultura Riomaior  Vilaboa  Pontevedra

O que levamos nas maletas. Concerto

 7 de novembro, ás 12:00 horas Salón de actos da Biblioteca Municipal Marín Pontevedra
 8 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal de Cerdedo Cerdedo-Cotobade  Pontevedra
 15 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal de Valga Valga Pontevedra



18/9/20

Curso 2020/21

 Xa estamos de volta, esperamos que neste curso tan atípico poidamos facer moitas actividades para promover o  uso do galego. Estamos abertos a propostas.

Bo comezo!!

27/5/20

I Certamen Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020


Feiraco organiza en colaboración con la Secretaría Xeral de Política Lingüística o I Certamen Infantil de Artes Plásticas con motivo de Letras Galegas 2020. 
Ata o día 31 de maio estades a tempo de participar así que animádevos que sabemos que no cole temos grandes artistas.
Podedes consultar as bases no seguinte enlace

Enlace páxina FEIRACO


MOITA SORTE!!

16/5/20

CARBALLO CALERO


Mestres  e mestras do cole fixemos unha lectura compartida de poemas de Ricardo Carballo para conmemorar esta edición do Día das Letras Galegas,  queremos compartilo con vós.
Pincha na imaxe para velo



Vémonos pronto!!!

14/5/20

As pitas baixo a choiva




Aquí vos deixamos un enlace á única obra para nenos de Carvallo Calero, podedes lela online e facer actividades sobre a lectura

As pitas baixo a choiva

6/5/20

LETRAS GALEGAS 2020


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas"  como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Escolleuse esta data porque nesa data publicouse CANTARES GALLEGOS DE ROSALÍA DE CASTRO que foi o primero libro galego que tivo unha significación universal. 
Despois fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas adicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas.



Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. É unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura de noso ao longo do século XX. 

Aquí vos deixamos un montón de enlaces que vos permitirán coñecer a vida e obra de este ferrolán falecido en 1990.


Despois de ler a súa biografía comproba o que sabes neste preguntorio musical feito por mestres do CEIP Frei Luís de Granada, Sarria (Lugo)  a quen agradecemos este traballo.


O famoso pasapalabra

ROSCO

Máis información e  actividades en liña e outras para imprimir agrupadas por niveis educativos, dende Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria:





Na páxina da Real Academia das Letras que vos deixamos a continuación atoparedes a súa biografía, obras, debuxos para colorear, xogos e moitos recursos máis. Viaxade a través deles xa veredes que ben.


Aquí un xogo, agradecemos a súa elaboración e que o comparta o CPR Plurilingúe San Pío X (Ourense) 




28/4/20

MAIOS II

Estimadas familias, coma sempre agradecemos moito a vosa participación
Todo irá ben
e felicitámosvos pola creatividade e o esforzo.

Vamos compartindo os traballos que nos van chegando, recordade que seguiremos recibíndo e publicando ata o venres.






Noraboa a Nerea e Iker pola súa actuación. Pinchade na imaxe para escoitalos.


Hoxe recibimos máis videos,un aplauso para todos






MÁIS COPLAS CANTADAS


A continuación mostrámosvos os debuxos , maquetas e coplas que nos estades a enviar. Son todos estupendos