1/4/09

INTERCAMBIO CO COLEXIO XESUS FERRO COUSELO

Os alumnos de 6º A do noso colexio escríbenlles aos do CEP Xesús Ferro Couselo, de Cordeiro-Valga. Coa carta e as fotos preséntanlles o que van poder ver cando veñan visitarnos, o próximo día 28 de abril.





Pontevedra 24 de Marzo de 2009



Ola compañeiros!!: Somos os alumnos do colexio de Barcelos.
O noso colexio está situado ao lado da praza de Barcelos que ten un parque infantil onde xogamos á saída.
O colexio non é moi grande, pero é moi alto (ten catro pisos). No último están as aulas do terceiro ciclo. A nosa clase é espaciosa, ten dúas ventás grandes e podemos ver as montañas ao lonxe. Na parte baixa temos a aula de música, o comedor e o ximnasio, a onde nos gusta moito ir. Este curso tivemos unha profe de E F. que na hora do recreo ensinábanos a bailar alí.
Tamén temos unha aula de informática, pero cos ordenadores un pouco vellos.
Cando estivemos no voso cole, vimos que tendes un patio moi chulo , grande e ao aire libre; o noso é pequeno e está entre edificios, así que non podemos xogar ao fútbol, que a moitos nos gustaría. Aínda así, pasámolo ben no recreo; xogamos a moitas cousas.
Como o cole está no centro da cidade, podemos ir a moitas actividades que están cerca e non temos que coller o autobús. Este curso fomos ver unha exposición de pintura, a unha exposición de libros, ao teatro, a un concerto…Tamén fomos a uns talleres de música enlatada que nos gustou moito. Vimos como escoitaban a música gravada , hai moitos anos ; como facer ritmos actuais e a facer “ Scrach”.
Tamén nos gusta facer murais ( fixemos un de Nadal e outro para o día da Paz).
No entroido pasámolo moi ben. Disfrazámonos de animadoras. Foi moi gracioso porque os rapaces tamén ían con minifalda e pompóns e estaban moi divertidos. Fixemos un desfile pola praza de Barcelos con todos os alumnos e alumnas do colexio.
Bueno, cando veñades a Pontevedra ensinarémosvos o noso cole e tamén un pouco da nosa cidade, que é moi bonita: a Peregrina, a Praza da Ferrería, a Praza da Leña, o museo…
Esperamos que o pasedes ben.
Unha aperta para todos e todas.