17/12/08

PRESENTACION DO CALENDARIO NA ZONA MONUMENTAL

O pasado día 10 de Decembro algúns alumnos e alumnas do colexio recorreron a zona monumental para presentar o noso calendario.


Empezamos na praza de Mendez Nuñez



Visitamos as oficinas do Centro comercial urbano







Despois recorrimos toda a zona monumental







5/12/08

ENDL BOLETÍN Nº 4


CALENDARIO 2009


Está a piques de saír. Será distribuído polas rúas e comercios coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental. Cada familia da comunidade escolar recibirá un exemplar de balde.



BARCELOS PLURILINGÜE



Seguimos coa actividade. Interesante, a charla para pais e nais; aínda que asistiron poucos. O alumnado aprendeu a cantar “ Happy Birthday to you” (“Parabéns para ti”) en varias linguas e agora traballa con “Stille Nacht” (Noite de paz”).



CARTA AOS REIS MAGOS




Se aínda non escribiches a carta en galego aos Reis, bule ben. O prazo de presentación remata o próximo día 9, martes. O último día antes das vacacións, o 19 de decembro, virán os Reis á escola e ti vaslles poder entregar a túa carta. Porén, antes tela que presentar a un mestre ou mestra do ENDL para poder participar no concurso. Ilústraa cun debuxo ou un collage. Procura escribir ben e hermoso. As mellores cartas levarán un premio por ciclo e serán publicadas no blog e nos periódicos escolares.



CONCURSO DE RECITACIÓN



Preparaches a túa articipación no concurso de recitado de poesía de Nadal? O día 9 remata o prazo para inscribirse. Na última semana antes das vacacións iranse recitando polas outras aulas. Os mellores recitadores interviredes o o 19 de decembro, venres, diante dos Reis Magos e de todo o alumnado e profesorado da escola. Daranse varios premios.




ENTRA NO BLOG



No blog vas encontrar fotos das actividades realizadas e traballos premiados nos concursos. Xa lerías o premio de receitas do Samaín. Veo na túa casa ou cando vaias a Informática. O enderezo é http://enlbarcelos.blogspot.com/




ABRE A TÚA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO



Os nenos e nenas que este ano ides participar en actividades de intercambio con outros colexios, convén que teñades aberta unha conta de correo electrónico, principalmente os de 5º e 6º de Primaria. Se non a tendes propia na casa, pódesevos abrir unha no colexio a través de EDUXOVE da Consellería de Educación. A través desa conta escribirédesvos cos vosos corresponsais e mandarédeslles mostras das vosas creacións e traballos.