21/5/21

Que asco de bichos!!

 Entre as actividades levadas a cabo para favorecer o uso das letras galegas, alumnas e alumnos de 2º de Ed Primaria dramatizaron fragmentos traducidos e adaptados do libro QUE ASCO DE BICHOS de ROALD DAHL

Aquí tendes a gravación.


NORABOA AS ACTRICES E ACTORES POR ESTE GRAN TRABALLO





5/5/21

LETRAS GALEGAS 2021

 

O título deste libro define perfectamente a Xela Arias, escritora galega homenaxeada o vindeiro 17 de maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021.

BIOGRAFÍA

Foi, ao nacer, María de los Ángeles, sería despois María dos Anxos, en 1984 cambia o nome polo seu equivalente en galego, e acabaría sendo o que ela era, Xela, en 1995. Nace en Sarria o 4 de marzo de 1962, é a maior de cinco irmáns. Os tres primeiros anos de vida decorren na contorna da Granxa de Barreiros. despois estudia E. Primaria no Colexio Fingoi de Lugo. En 1969 a familia trasládase a Vigo.
Foi profesora de secundaria, poeta e tradutora de galego. Entre os seus libros están:
                

Nos seguintes enlaces podedes saber máis sobre ela:

           


Como cada ano o equipo de docentes do Seminario Galán (A Coruña), comparte connosco os seus materiais das Letras Galegas.


Poemas de Xela Arias cantados e recitados




Tamén podedes consultar  entre outros PRIMAVERA DAS LETRAS  e  a REAL ACADEMIA GALEGA.





          

Cantámola

 Este luns asistimos, invitados polo Concello de Pontevedra, á inaguración e visita da exposición  CANTÁMOLA instalada na Praza de Ourense de Pontevedra na que distintos paneis mostran a evolución da música galega ao longo das últimas décadas.


Convidamos a familias e alumnado a visitala e acceder, usando códigos QR á lista de reproducción.