10/12/22

Contos: O APALPADOR

 Nestes enlaces podedes ler e escoitas contos que falan deste entrañable persoeiro que  forma parte da nosa tradición e ao que moitos non coñecen.

O Apalpador, Xoán G.

Antón e o Apalpador






9/12/22

Propostas para este Nadal

 


Desde Cruz Roja Española en Galicia convídanvos a participar este nadal nun concurso de debuxo. Poñédevos mans á obra porque tendes ata o 25 de decembro para participar.
No seguinte enlace está toda a información necesaria e podedes ademais subir os vosos debuxos:


Outra proposta que vos pode resultar entretida e divertida é a le leite LARSA


Como sabedes no cole fomentamos a responsabilidade, consumo responsable e sostenibilidade así que con este concurso podedes crear fermosas decoracións e ademais gañar un lote de produtos lácteos.
No enlace que segue tendes as indicacións.

28/11/22

O APALPADOR

Sabes quen é o Apalpador?


 O Apalpador é un personaxe nacido no Courel a que segundo din lle gusta compartir con nos as festas de Nadal. Contan os maiores que é un pastor grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, recorre Galicia enteira. Segundo a lenda o Apalpador durante a maior parte do ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolecta mel e fai, coas ramas das árbores dos bosques xoguetes. En Noiteboa e Noitevella abandona as montañas para baixar ata as aldeas e entrar sixilosamente nas habitacións dos máis pequenos. O seu obxectivo é palpar as súas barrigas, ver si comeron suficientemente durante o ano y deixar un puñado de castañas. Si ademais foron bos, tamén deixará algún regalo para desexar un ano novo cheo de felicidade e comida.





25/11/22

25N , Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 O número de mulleres asasinadas en España este 2022 ascende xa a 37.


No CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos, recordamos ás victimas e conmemoramos esta data baixo o lema 
NON CHEGA CON QUERER, HAI QUE QUERER BEN.






9/11/22

Festas de outono

 Cultura, festas e lingua están estreitamente relacionadas por eso no noso cole gozamos celebrando as festas e tradicións galegas.

Polo Samaín cabazas, disfraces e máscaras sen fin.













  

 

E polo magosto castañas e xogos. Nin a chuvia pode con nos.



 


25/10/22

XA CHEGA O SAMAÍN

 Como cada ano por este tempo imos recordar aos pobos celtas que hai tantos anos viviron aquí. 

Coma sempre faremos as nosas cabazas e vestiremonos para a ocasión. Ademais  traballaremos o conto  de Clara de Saá.


Segundo conta a tradición na noite de Samaín pasan cousas máxicas e para ter boa sorte na porta das casas póñense cabazas con velas acesas. 

Fermín, o monstro das castañas estase a preparar para o concurso de sustos.

Le o conto no picnshando na portadad do conto e dinos cómo asustarías ti a algúen si puideses participar nese concurso.

Deixa na urna da entrada un escrito coa túa idea.

 Igual levas un susto!!



4/10/22

Actividades do SNL do Concello de Pontevedra

 ● Bótalle un conto

Concurso de contos orais aberto á participación da cidadanía. Pódese ver a final da edición anterior no seguinte video:



En breve estará aberta unha nova edición!!

 ● En3vistas

Programa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que trae ás rúas e prazas da cidade a persoas que se teñen significado polo seu uso da lingua galega en diferentes espazos e contextos, facéndoa visible e dignificándoa en diferentes contextos.




● Programa Apego

Programa para promover a socialización en galego de nenas e nenos de 0 a 6 anos, a través das familias e das persoas coidadoras e educadoras. Este programa ofrece formación, recursos, actividades formativas e espazos de socialización.

No enlace atopareces información e ...

23/9/22

Correlingua 2022

Correlingua igual a festa,  

Xa  o curso pasado gozamos coa música na festa na que participamos no mes de maio na Alameda de Pontevedra e  hoxe diversión a tope no concerto de Paco Nogueiras 

       

  Tod@s a cantar:




22/9/22

Concerto banda de música de Salcedo

 Estupenda lección maxistral de música que nos deu hoxe a banda de música de Salcedo.

Presentáronnos as distintas familias de instrumentos e interpretaron varias pezas do gusto de todos coas que incluso bailamos.

Tamén nos convidarpn a matricularnos na súa escola de música e a participar na xornada de portas abertas.

     

Aquí vos deixamos unha escolma





16/9/22

Benvida ao curso 2022/23

 Nada mellor que a música paradar a benvida a un novo curso, por eso a semana que ven imos a gozar cun concerto de Paco Nogueiras.

Grazas á organización do correlingua por permitir que sexa posible.

Aquí deixamos algúns dos seus videoa para que poidades practicar.






8/5/22

MAIO MES DA LINGUA

 Dándolle á lingua sen parar :

Por un lado alumnas e alumnos de 1º e 2º gozaron na biblioteca cos monicreques que o alumnado de 5º e 5º crearon polo entroido e que agora recuperaron para crear divertidas historias no noso guiñol.



Por outra banda acompañamento lector no patio, o alumnado de 3º e 4º lee contos para @s compañeiros e compañeiras de Ed. Infantil.







Terceira actuación, ao ritmo da música de MEKÁNIKA ROLLING BAND e portando mochilas co lema FÁLAME, bailamos sen parar no CORRELINGUA 2022 na Alameda de Pontevedra






E rematamos de momento amosando o noso maio. nesta ocasión non utilizamos os materiais orixinais senon uns alternativos, pero si respetamos a tradición  elaborando e cantando coplas que reflexan as nosas preocupacións.
Noraboa a tod@s polo traballo levado a cabo.