23/11/09

CONTOS E RECEITAS DO SAMAIN



















































































Era unha vez un neno chamado Álvaro, que vivía coa súa nai Molina, co seu pai Galileo e coas súas dúas irmás, Rebeca e Zelanda.
Álvaro sempre se ría das irmás e das súas bonecas. Un día Galileo tróuxolle unha boneca a Zelanda, porque Álvaro sempre lle rompía as bonecas aproveitando que era pequena. Mentres Zelanda mimaba a súa boneca de fermosos cabelos vermellos, a boneca puxo a súa mirada misteriosa no neno. Cando chegou a hora de durmir, a boneca agora miraba con desprezo ao neno. Ao día seguinte, día de Samaín, Molina, Galileo, Rebeca e Zelanda foron de compras e Álvaro quedou só coa boneca, que o seguía mirando con desprezo.
Chegou un momento en que a boneca empezou a falar; dicíalle:
–Non me rompas, ou xa verás! –cada vez con voz máis grave, mentres andaba cara Álvaro.
Álvaro, asustado, tirou a boneca ao lixo despois de pegala.
Cando chegaron seus pais e as súas irmás, preguntáronlle ao neno:
–Onde está a boneca?
Álvaro respondeu con disimulo:
–Non o sei.
E Zelanda dixo chorando:
–A miña boneca que falaba, andaba e poñía caras seguido, como a coidas!
Álvaro quedou sen palabras.
–E apagaches a boneca? –preguntou Galileo.
–Mm... Non –respondeu Zelanda.
E desde ese día Álvaro nunca máis volveu romper ou rirse de ningunha boneca. E non para de pensar: “Deume medo a boneca do Samaín”.

Lucía, 4º A


























































19/11/09

BOLETIN

CEIP BARCELOS ENDL 2009 – 3º


PREMIOS SAMAÍN

Moitas familias participaron no concurso do Samaín e algúns ne- nos e nenas escribiron contos de medo e receitas de alimentos fei- tos a base de cabazas e castañas. O Magosto deste ano celebrámolo o pasado día 6. No blogue (http:// enlbarcelos.blogspot.com) encon- traredes fotos do Samaín e do Ma- gosto. Tamén acharedes os no- mes dos premiados nos concur- sos.

A NOSA ESCOLA EN EUROPA

O alumnado de primaria está escribindo as redaccións e prepa- rando as imaxes dun libro colecti- vo sobre o tema da nosa escola e a nosa cidade en Europa, que nos editará a Planeta. No primeiro tri- mestre de 2010 distribuirase en- tre as familias.


BARCELOS PLURILINGÜE

Trátase de escribir, expoñer e dicir en varias linguas –galego, castelán, inglés, francés, portu- gués, outras que falan as familias dos nosos alumnos, etc.– peque- nos textos. Traballaremos con “ Happy Birthday to you ” ( “ Parabéns para ti ” ), “ Stille Nacht ” (Noite de paz ” ) e “ Adeste fideles ” .

CARTA AOS REIS MAGOS

Trátase dun concurso de cartas en galego aos Reis. Nelas póden- selles pedir regalos de todo tipo, incluídos os bens que desexamos para a familia, para o colexio, para a cidade… As mellores cartas, unha de cada clase, leranse dian- te dos Reis, levarán un premio e serán publicadas no blogue e nos periódicos escolares. 20 de novembro

CONCURSOS E CAMPAÑAS 2009

En galego mola máis. Porque é unha lingua xeitosa que xa falaban os pais e as nais de hai mil anos, cando aínda o castelán ninguén o fala- ba en Galicia. En galego mola máis. Porque non está ben que unha lingua tan fermosa se esqueza, perda e morra, como lle pasará se cada vez non a usamos máis. En galego mola máis!

EN GALEGO MOLA MÁIS CONCURSO DE RECITACIÓN

Participa no concurso de recita- do de poesía que se celebrará an- tes do Nadal. Os que mellor reci- ten de cada clase, actuarán diante dos Reis Magos e recibirán un pre- mio. Para participares, debes pedirlle ao teu profesor ou profesora a co- pia dun poema. Se queres antes ver cal é o que máis che gusta, mira no taboleiro de Normaliza- ción Lingüística, preto da sala de- profesores, onde estarán expostos varios poemas. Anímate!

PREMIOS SAMAÍN 2009


PREMIOS DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE CABAZAS DO SAMAÍN 2009

Mauro Fernández Krivonosoff 4º EI A
Alba Pérez Franco 4º EI B
Lara Martínez Fontán 5º EI A
Alejandro Sartal Domínguez 5º EI B
Lucía Ferreiro Fernández 6º EI A
Brem Sobral Louro 6º EI B
Ángela Losada Pérez 1º EP A
Aitana Varela Álvarez 1º EP B
Carlota Cascallar Redondo 2º EP A
Carlota Otero Pazos 2º EP B
Hugo Vidal Cabanelas 2º EP B
Anabela Sánchez Delgado 3º EP A
Marta Penedo Custodio 3º EP B
Vanesa Covelo Vilariño 4º EP A
Marina Losada Pérez 4º EP B
Bruno Vidal Cabanelas 5º EP A
Ángel Betanzos Moure 5º EP B
Julio Godoy Alonso 6º EP A
Antón Rodríguez Carballo 6º EP B


Dentro duns días publicaremos os mellores contos de medo e as receitas de pratos de cociña a base de castañas ou cabazas.























Decoramos a nosa entrada



Fixemos moitas cabazas
















Moitas

















Os pequenos provaron moitos doces








































































































NOVO CURSO 2009/10

Comenzamos un novo curso, no que seguiremos a amosarvos todaslas actividades que facemos no colexio Barcelos para fomentar o uso do noso idioma.
Esperamos segir contando con todos

25/6/09

PREMIOS DOS AUTOCONTACONTOS






Este son os melores contadores de contos do colexio.





































11/5/09

EXPOSICION MULTICULTURALIDADE

Entre os días 2 ó 10 de Marzo, fixemos unha exposición de cousas antigas de varios paises e culturas.

Todo foi traido polos noso nenos.

Mirade que bonito nos quedou





















O día 10 clausurouse a exposicion, coa actuación do grupo "Fentos e Frouma" de Marín
























1/4/09

INTERCAMBIO CO COLEXIO XESUS FERRO COUSELO

Os alumnos de 6º A do noso colexio escríbenlles aos do CEP Xesús Ferro Couselo, de Cordeiro-Valga. Coa carta e as fotos preséntanlles o que van poder ver cando veñan visitarnos, o próximo día 28 de abril.





Pontevedra 24 de Marzo de 2009



Ola compañeiros!!: Somos os alumnos do colexio de Barcelos.
O noso colexio está situado ao lado da praza de Barcelos que ten un parque infantil onde xogamos á saída.
O colexio non é moi grande, pero é moi alto (ten catro pisos). No último están as aulas do terceiro ciclo. A nosa clase é espaciosa, ten dúas ventás grandes e podemos ver as montañas ao lonxe. Na parte baixa temos a aula de música, o comedor e o ximnasio, a onde nos gusta moito ir. Este curso tivemos unha profe de E F. que na hora do recreo ensinábanos a bailar alí.
Tamén temos unha aula de informática, pero cos ordenadores un pouco vellos.
Cando estivemos no voso cole, vimos que tendes un patio moi chulo , grande e ao aire libre; o noso é pequeno e está entre edificios, así que non podemos xogar ao fútbol, que a moitos nos gustaría. Aínda así, pasámolo ben no recreo; xogamos a moitas cousas.
Como o cole está no centro da cidade, podemos ir a moitas actividades que están cerca e non temos que coller o autobús. Este curso fomos ver unha exposición de pintura, a unha exposición de libros, ao teatro, a un concerto…Tamén fomos a uns talleres de música enlatada que nos gustou moito. Vimos como escoitaban a música gravada , hai moitos anos ; como facer ritmos actuais e a facer “ Scrach”.
Tamén nos gusta facer murais ( fixemos un de Nadal e outro para o día da Paz).
No entroido pasámolo moi ben. Disfrazámonos de animadoras. Foi moi gracioso porque os rapaces tamén ían con minifalda e pompóns e estaban moi divertidos. Fixemos un desfile pola praza de Barcelos con todos os alumnos e alumnas do colexio.
Bueno, cando veñades a Pontevedra ensinarémosvos o noso cole e tamén un pouco da nosa cidade, que é moi bonita: a Peregrina, a Praza da Ferrería, a Praza da Leña, o museo…
Esperamos que o pasedes ben.
Unha aperta para todos e todas.






3/3/09

ALGUNHAS FOTOS DO NADAL

Premiados nos concursos do nadal








Lemos cartas ós reis

Visitáronos os Reis Magos






























































2/3/09

EN GALEGO MOLA MAIS

CEIP BARCELOS ENDL 2009 –1º

BUSCA UN E TRÁEO
Teus pais, teus avós e outros parentes saben contos, cantos e xogos que aprenderon dos máis vellos cando eran pequenos. Recolle un deses cantos, contos ou xogos e tráeo ao colexio. Se está nunha lingua distinta do galego e do castelán, mira se lle podes escribir ao lado a tradución a unha destas dúas linguas. Podes ilustralo con debuxos ou fotos.

SEMANA MULTICULTURAL
Celebrarase entre o 3 e o 10 de marzo. Consistirá en varias actividades nas aulas e no centro, todo arredor dunha exposición de obxectos representativos das culturas de orixe das nosas familias: libros de contos, xoguetes, fotos, vestidos, comidas… Tamén se expoñerán textos e debuxos que traiades na campaña previa Un conto, un canto ou un xogo.

REUNIÓN DE PAIS E NAIS
Prepararemos, nela, a exposición da Semana Multicultural. Será o martes 17 de febreiro ás 6 da tarde. Rematará como máximo ás 7 menos cuarto. Necesitamos que acudan o maior número posible de pais e nais, de maneira que estean representadas todas as culturas, incluídas a galega e as doutros países españois e peninsulares, e non só as estranxeiras. Trátase de ver quen pode presentar elementos interesantes para a exposición da Semana Multicultural. Esperamos que se animen a asistir moitos pais e nais.

ENTRA NO BLOG
No blog vas encontrar fotos das actividades realizadas e algúns traballos premiados nos concursos. Veo na túa casa ou cando vaias a Informática. O enderezo é http://enlbarcelos.blogspot.com/


UN CONTO, UN CANTO OU UN XOGO
Abonda con presentares unha destas pezas. Queremos xuntar contos, cantos e xogos tradicionais galegos, casteláns de distintas rexións, portugueses, brasileiros, colombianos, chineses, bengalís…, é decir, de todas as culturas de orixe das familias do noso alumnado. Tráeos antes do 20 de febreiro se podes e, se non, antes do 27.
Moitos deles serán expostos na mostra da Semana Multicultural.


PREPÁRATE PARA PARTICIPARES NO AUTOCONTACONTOS

Coma o ano pasado, imos realizar esta importante actividade. Vas poder escoller un conto entre os que se che ofrezan. Estudaralo e
aprenderás a contalo con graza e interese. Na túa aula e na túa casa, primeiro. Despois diante dos rapaces e rapazas doutras aulas do colexio. Todo isto durante o mes de marzo. Os mellores contadores de contos seredes seleccionados para participardes na gran final, que se celebrará contra finais de marzo e primeiros de abril.

CARTA ÓS REIS MAGOS PREMIADA NO CONCURSO