8/5/22

MAIO MES DA LINGUA

 Dándolle á lingua sen parar :

Por un lado alumnas e alumnos de 1º e 2º gozaron na biblioteca cos monicreques que o alumnado de 5º e 5º crearon polo entroido e que agora recuperaron para crear divertidas historias no noso guiñol.



Por outra banda acompañamento lector no patio, o alumnado de 3º e 4º lee contos para @s compañeiros e compañeiras de Ed. Infantil.







Terceira actuación, ao ritmo da música de MEKÁNIKA ROLLING BAND e portando mochilas co lema FÁLAME, bailamos sen parar no CORRELINGUA 2022 na Alameda de Pontevedra






E rematamos de momento amosando o noso maio. nesta ocasión non utilizamos os materiais orixinais senon uns alternativos, pero si respetamos a tradición  elaborando e cantando coplas que reflexan as nosas preocupacións.
Noraboa a tod@s polo traballo levado a cabo.