16/12/10

CONTOS E RECEITAS DE CASTAÑAS









































































MAGOSTO










Outro ano mais chegou o magosto ó colexio Barcelos.




Comemos moitas castañas e fixemos contos e receitas desta época.




































8/11/10

FOTOS DO SAMAIN














































SAMAIN






Contos de medo

BENVIDOS O CURSO 2010 2011

Un novo ano estamos aqui para informar a toda a comunidade educativa das novas e actividades do C.E.I.P. BARCELOS .

30/4/10

EN GALEGO MOLA MAIS Boletin 2010 2º

SEMANA INTERCULTURAL E INTERCAMBIO
Foron as principais actividades realizadas entre o segundo e o terceiro trimestre. Damos as grazas ás familias que colaboraron na achega de cantigas dos avós en diferentes linguas. As xornadas de intercambio resultaron moi ben, tanto as de Cordeiro como as de Pontevedra. Acharedes fotos dos encontros visitando o noso blogue. Algunhas publicaranse no periódico mural e na revista escolar O Galo. Por agora védeas no blogue http://enlbarcelos.blogspot.com

A NOSA ESCOLA EN EUROPA
A editorial Planeta distribuíu hai pouco o libro que redactamos entre todos sobre A nosa escola en Europa. Quedou moi ben.

AUTOCONTACONTOS
Realizamos tamén esta actividade, coa participación de varias aulas do 2º e do 3º ciclo. Na primeira fase seleccionáronse catro por aula (ata o 15 de marzo). Na segunda (ata o 15 de abril) seleccionáronse dous por ciclo. Estes recibirán cadanseu premio e intervirán como contacontos no acto final da Semana das Letras Galegas, o vindeiro 28 de maio.

CONCURSO DE REDACCIÓN E ILUSTRACIÓN DE CONTOS
Como se anunciara xa no boletín anterior, convocouse un concurso de redacción e ilustración de contos breves. O mellor conto de cada nivel ou ciclo será impreso e distribuído entre o alumnado do ciclo. Os premios por nivel poden quedar desertos, mais concederase polo menos un por ciclo. O prazo de presentación remata o 7 de maio. Os premios entregaranse o 28 de maio, no acto final da Semana das Letras Galegas.
Desde a próxima semana comezaremos dúas actividades de preparación da Semana das Letras. Nas aulas recitaremos poemas de Uxío Novoneyra e faremos ilustracións sobre os poemas. Os bos traballos serán seleccionados para o mural de planta e os melloriños, para o Mural do ENDL, no baixo. O mellor recitador ou recitadora de cada clase participará no acto final da Semana das Letras, o 28 de maio. Recitará ese día diante dos nenos doutras aulas.

En galego mola máis.
Porque é unha lingua xeitosa que xa falaban os pais e as nais de hai mil anos, cando aínda o castelán ninguén o falaba en Galicia.
En galego mola máis.
Porque non está ben que unha lingua tan fermosa se esqueza, perda e morra, como lle pasará se cada vez non a usamos máis.
En galego mola máis

22/4/10

A NOSA ESCOLA EN EUROPA


A editorial Planeta distribuíu hai pouco o libro que redactamos entre todos sobre A nosa escola en Europa. Quedou moi ben. É mérito do noso alumnado e dos mestres e mestras que lles axudaron. A través deste libro, os lectores poden coñecer mellor Pontevedra, a nosa cidade, vista a través da ollada dos nenos.












8/4/10

BARCELOS EN CARTEIS




















Taboleiro do equipo de normalizacion limgüistica





A VOZ DO GALO





O NOSO ENTROIDO




O DIA DA PAZ












DÍA DA MULLER TRABALLADORA














































































































23/2/10

BOLETIN 2010 1º

CEIP BARCELOS ENDL 2010–1º
VIÑERON OS REIS
O 22 de decembro viñeron os Reis Magos ao colexio e diante deles cantamos, recitamos poemas e lemos as cartas que redactaramos. Algunhas destas publicáronse no periódico mural e no blogue (http://enlbarcelos.blogspot.com).

A NOSA ESCOLA EN EUROPA
Dentro de pouco a editorial Planeta distribuirá o libro que redactamos entre todos sobre A nosa escola en Europa.

SEMANA INTERCULTURAL
Querémola facer este ano co alumnado do 2º e 3º ciclos de Primaria. O tema será a canción tradicional nas nosas culturas de orixe. Cada alumno ou alumna destes ciclos buscará unha canción das que os seus avós cantaban cando eran novos. O texto da canción estará na lingua orixina
ria sen necesidade de o traducir ao galego ou ao castelán. O alumno ilustrarao cun debuxo, foto ou copia dunha foto, referentes á situación familiar, social ou festa en que se cantaba. O prazo de presentación é entre o 1 e o 5 de marzo. As cancións exporanse en cada aula na semana do 8 ao 14 de marzo. Coas ben presentadas farase unha exposición final no taboleiro do ENDL. As máis selectas publicaranse no blogue e nos periódicos escolares.

AUTOCONTACONTOS
Realizaremos tamén esta actividade, destinada só ao alumnado do 2º e do 3º ciclo. Na primeira fase seleccionaranse catro por aula (ata o 15 de marzo). Na segunda (ata o 15 de abril) seleccionaranse dous por ciclo. Estes recibirán cadanseu premio e intervirán como contacontos na Semana das Letras Galegas, en maio.
24 de febreiro
ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE
2010

En galego mola máis.
Porque é unha lingua xeitosa que xa falaban os pais e as nais de hai mil anos, cando aínda o castelán ninguén o falaba en Galicia.
En galego mola máis.
Porque non está ben que unha lingua tan fermosa se esqueza, perda e morra, como lle pasará se cada vez non a usamos máis.
En galego mola máis!
en GALEGO mola
máis

Outras actividades
Nos meses de marzo e abril realizaranse as actividades correspondentes ao intercambio escolar co colexio de Cordeiro (Valga). Neste momento, o alumnado participante preparara os actos e escríbese cos do outro colexio.
No mes de abril convocarase un concurso de redacción e ilustración de contos. O mellor conto de cada ciclo será impreso e distribuído entre o alumnado. Xa podedes ir pensando o voso conto. Procurade unha idea bela e orixinal.