18/12/15

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2015

    Estas foron as postais elexidas para felicitar o Nadal a todas as familias do alumnado. Queremos agradecer, a todas as alumnas e alumnos, a súa participación e esforzo, sin o traballo de todos non sería o mesmo.
    Parabéns aos elexidos!




VISITA DAS SÚAS MAXESTADES AO COLEXIO

     Hoxe tivemos a honra de recibir a visita dos Reis Magos, Papá Noel e a comitiva real no noso colexio. Como non podía ser doutro xeito, viñeron cargados de rosca e caramelos para todos os que estabamos na escola. Gracias por todo e Bo Nadal!

PD: A rosca estaba bárbara!


Se picades na fotografía veredes máis fotos da visita.
NADAL 2015

Xa está aquí, xa chegou o Nadal 2015.

     Dende o colexio queremos felicitarvos a todos estas festas; que teñades un Bo Nadal e Feliz Aninovo 2016. Aproveitade as vacacións e cargade ben as pilas para o próximo ano.

      Aquí deixamos algunhas fotos dos traballos de Nadal que fixo o alumnado da escola. Picade na fotografía.



BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

17/11/15

MAGOSTO 2015

     Este ano o magosto chegou á nosa escola con algunha novidade que outra. Coma tódolos anos fixemos a tradicional castañada no patio do colexio. Alí comemos, cantamos e bailamos ata caer de cansanzo.
   Dende aquí, queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que axudaron na celebración desta festa tan arraigada na nosa terra: persoal do centro, nais e pais da AMPA e o grupo de música tradicional Airiños da Fracha, que nos fixo bailar coma tolos por todo o colexio.




Para ver imaxes daquel día
 picade na fotografía.






10/11/15

SAMAÍN 2015


     Como parte da celebración do Samaín, o noso alumnado fixo, ao longo destes días, algúns traballos amosando a visión que teñen desta celebración. Algúns fixeron debuxos, outros fixeron debuxos con algunha lenda e os maiores, escribiron algunhas historias para meter medo.
     A ver si sodes quen de botarlles un ollo, sin saír a correr pola casa adiante.
       Para ver os traballos de cada grupo, facede click nas imaxes.


                      5º IA                                   5º IB
          




                    6º IA                                     6º IB
          





                          1º A                                                 1º B
             


2º B



                          3º A                                      3º B
         


                 4º A                                         4º B
          


                 6ºA                                            6º B

            

3/11/15

SAMAÍN 2015

     Un ano máis, chegamos á época das cabazas, da escuridade e dos defuntos.
    O Samaín parece tomar máis forza cada ano. Está claro que, outono tras outono, esta celebración vai collendo máis e novos aires na nosa comunidade. Aquí deixamos algunhas das fotos tomadas o venres pasado durante a celebración desta festa que, como dicían os nosos antergos, separa a época do verán, da época, máis escura, do inverno. 


u

30/6/15

TRABALLOS PREMIADOS NO 
I CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO
ECOLOXÍA URBANA

     PARABÉNS A TOD@S @S PARTICIPANTES, EN ESPECIAL AOS TRABALLOS PREMIADOS QUE PODEDES VER A CONTINUACIÓN.

VAIA ARTISTAS!!!








26/6/15

FESTIVAL DE DESPEDIDA DE 6º CURSO
E ENTREGA DE ORLAS.

     Para aqueles que xa estades na ESO, aquí vos queda un pequeno recordo das actuacións do voso festival. Seguro que se vos escapa algún soriso cando as miredes, pero riredes máis, cando as repasedes dentro duns aniños  ¡¡garantizado!!
   Están todas ordenadas segundo se foron realizando o día da despedida.
BO VERÁN!!!

1 RECORDANDO MOMENTOS IMPORTANTES


2 PASAPALABRA


3 HIMNO DA ALEGRIA


4 MONÓLOGOS


5 ADRENALINA


6 UPTOWN FUNK


7 GREASE


8 ENTREGA DE ORLAS

25/6/15

PARABÉNS MARILUZ!!!

     Xa que hoxe en día o exercicio do maxisterio non está, as veces, recoñecido, é de agradecer que parte da nosa comunidade dea un punto de vista positivo desta bonita profesión.
     Grazas tamen á nosa compañeira Mariluz polo seu traballo e por poñer o seu gran de area na procura dunha educación que, ás veces, parecer estar un chisco deshumanizada.


REUNIÓN DO PROFESORADO DE INFANTIL COS REPRESENTANTES DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO


EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 4 ANOS


PARQUE DOS BOMBEIROS





EXCURSIÓN FIN DE CURSO DO ALUMNADO DE 5 ANOS

MUSEO DO MAR E ZOO DE VIGO






AQUI TEDES UNHA BOA COLECCIÓN DE FOTOGRAFÍAS DESTA EXCURSIÓN

22/6/15

PROMOCIÓNS QUE VEÑEN E VAN

Agora deixamos aquí as orlas d@s alumn@s de 6º curso que andarán por terras cántabras para despedir este curso 2014-2015

QUE VOS VAIA BEN NA ESO!!!








E aquí tedes tamén as orlas d@s que deixan atrás o mandilón porque xa non son tan cativ@s.

BENVIDOS A PRIMARIA!!!







PROMOCIÓN DE INFANTIL

Esta é a promoción de infantil que ven a encher o oco que nos deixan @s alumn@s de sexto curso.

Desfrutade destes dous emocionantes videos elaborados polo profesorado de infantil.


GRAZAS!





19/6/15

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
O GROVE

(Visita en barco a unha batea, visita ao acuario e comida no monte Siradella)

Aquí tedes unha presentación de fotografías sobre a saída de fin de curso realizada co alumnado de 1º curso. 


VISITA D@S MÚSIC@S DE TREPIA AO NOSO COLEXIO

Grazas á colaboración deste grupo de músic@s, o noso alumnado puido gozar coa escoita dos diferentes instrumentos que trouxeron á nosa escola.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!


VISITA AO MUSEO PROVINCIAL

1º CURSO


18/6/15

REVISTA ESCOLAR DO CEIP PRAZA DE BARCELOS

O GALO 2015

Aquí tedes, un ano máis, a nosa revista. Nela participamos dun xeito ou doutro toda a comunidade, cada quen aportando un chisco do seu traballo e unha manchea de ilusión. Esperamos que vos guste.


19/5/15

SEMANA DE EXPOSICIÓNS NOS DISTINTOS ANDARES DO COLEXIO

Durante estes días de maio, estarán expostos nos andares do noso colexio, algúns dos traballos que o alumnado foi realizando ao longo do curso. Estes traballos xiran arredor de diferentes temáticas nas distintas áreas de coñecemento e están realizados coas técnicas máis variadas. Algúns describen saídas do alumnado pola cidade, outras describen o noso universo, a familia, o día das Letras Galegas, o magosto, as nosas vivendas, diferentes aspectos da agricultura, etc.

Se picades na fotografía de abaixo, poderedes ver algúns destes traballos. Esperamos que sexan do voso agrado.



18/5/15

VISITA DO ALUMNADO DE INFANTIL Á EXPOSICIÓN DE XOGUETES ANTIGOS NO MUSEO

Hoxe deixamos un enlace para que vexades unha das visitas que fixemos este ano cos rapaces de infantil do noso colexio. Esta visita realizouse hai algún tempo, pero o vídeo quedou sen subir á rede por problemas técnicos. Solucionados estes problemas, aquí tedes a reportaxe.
Perdoade pola demora.



12/5/15

Actividades na rede sobre Filgueira Valverde

Hoxe deixámosvos uns enlaces a diferentes actividades sobre o homenaxeado no día das Letras Galegas deste ano. Para pasar un tempo enredando con elas, picade nas distintas fotografías do "Vello Profesor", cada unha delas agocha diferentes actividades. (As idades son orientativas)
 Infantil

 1º e 2º curso

 3º e 4º curso

 5º e 6º curso






11/5/15


FILGUEIRA VALVERDE:
 O "vello profesor"

Estas son dúas pequenas curtametraxes que poden axudar a facervos unha idea de quen era Filgueira Valverde. Ás veces unha imaxe vale máis que mil palabras.





Xosé Fernando Filgueira Valverde


Día das Letras Galegas 2015




 Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras (alcanzando o título de doutor) e Psicoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e Zaragoza. En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Desde ese momento e até a súa morte, acontecida en Pontevedra en 1996, o erudito pontevedrés mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas culturais.

     Filgueira Valverde iniciou o seu amplo labor docente en 1927 no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra. En 1935 gañou unha cátedra no Instituto Balmes de Barcelona e posteriormente exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da que foi alcalde. Pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello profesor".

     Membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.

     Na década dos trinta foi colaborador habitual de El Pueblo Gallego e Logos, publicación esta última en que mantería unha sección de comentarios bibliográficos asinados co pseudónimo J. A. Para alén destes artigos, a súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. Así, na súa producción figuran o libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) —estreado en 1932—, de novo asinada por J. Acuña; as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medioevo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega, ou o volume de prosas literarias Quintana viva (1971).

     Porén, a maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola imprensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).


Fonte: Biblioteca Virtual Galega.

10/5/15


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO

 O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.   
                        
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Máis de 40 anos despois, celebrados días e dias das letras galegas, normalizada ou en camiño de normalizarse a situación cultural do noso País, é bo momento para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros (dos "SEÑORES DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías e mínimos anacos da obra, para deixar constancia da honra que merecen estes galegos sobranceiros.
Comezamos con palabras de Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), que lembra aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente"
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.

"Os Señores da Palabra". Editorial Ophiusa. Lugo. 1993

19/3/15

O ALUMNADO DO COLEXIO NO ROTEIRO DOS BOLECHAS



Durante a primeira quincena deste mes de marzo, o alumnado de catro e cinco anos e o de primeiro e segundo curso, saíron á zona monumental da nosa cidade para seguir a pegada dos Bolechas. Foi unha actividade moi entretida que levou aos vosos cativos polas zonas máis emblemáticas da nosa zona vella.

Aquí tedes unhas fotos destas xornadas.

Roteiro do alumnado de 1º curso.
Fotografía



Roteiro do alumnado de 2º curso.
Fotografía

2/3/15

ENTROIDO 2015

O Entroido chegou este ano cun pouquiño de chuvia a Pontevedra, xa se sabe que nestas latitudes a auga é sempre o primeiro invitado; é o prezo que temos que pagar polo noso verde!
De tódolos xeitos, isto non foi impedimento para poder celebrar esta bonita festa de tan longa tradición na nosa cidade, simplemente houbo que replantexar a celebración e  facela no interior do colexio. Foi unha pena xa que detrás dela houbo un gran traballo que quedou sen a difusión que merecía. O vindeiro ano, se a climatoloxía nolo permite, retomaremos a festa no exterior da escola.

Aquí quedan algunhas das fotos desta celebración.





Agora deixámosvos un vídeo do Entroido dos 
máis pequenos do colexio.




1/3/15

DÍA DA PAZ 2015


A finais do pasado mes de xaneiro celebramos o Día da Paz no noso colexio. Fixemos unha xuntanza no patio da escola na que estabamos todo o alumnado e profesorado. Aquí quedan unhas fotos da celebración e dalgúns dos traballos que se fixeron.

       Fotografía            Fotografía
              Traballos                                       Celebración