28/11/22

O APALPADOR

Sabes quen é o Apalpador?


 O Apalpador é un personaxe nacido no Courel a que segundo din lle gusta compartir con nos as festas de Nadal. Contan os maiores que é un pastor grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, recorre Galicia enteira. Segundo a lenda o Apalpador durante a maior parte do ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolecta mel e fai, coas ramas das árbores dos bosques xoguetes. En Noiteboa e Noitevella abandona as montañas para baixar ata as aldeas e entrar sixilosamente nas habitacións dos máis pequenos. O seu obxectivo é palpar as súas barrigas, ver si comeron suficientemente durante o ano y deixar un puñado de castañas. Si ademais foron bos, tamén deixará algún regalo para desexar un ano novo cheo de felicidade e comida.





25/11/22

25N , Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 O número de mulleres asasinadas en España este 2022 ascende xa a 37.


No CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos, recordamos ás victimas e conmemoramos esta data baixo o lema 
NON CHEGA CON QUERER, HAI QUE QUERER BEN.






9/11/22

Festas de outono

 Cultura, festas e lingua están estreitamente relacionadas por eso no noso cole gozamos celebrando as festas e tradicións galegas.

Polo Samaín cabazas, disfraces e máscaras sen fin.













  

 

E polo magosto castañas e xogos. Nin a chuvia pode con nos.