29/10/20

I concurso de cabazas e outros froitos de outono

 Xa estamos a recibir as primeiras fotos de cabazas, esta fin de semana presentaremos todas as que nos enviedes. E o martes publicaranse os gañadores.

Moitas grazas por participar!!

Estas cabazas foron elaboradas no cole pola profe Noa e o alumnado de  de 4º de Ed. Infantil .



Sabedes que tamén podedes enviar cousas feitas con follas coma estes fantásticos traballos feitos por Lois e Lia ou con outros materiais  coma o lobo-mounstro de reciclaxe feito por Diego.













Pincha no enlace para ver a presentación das fotos recibidas


E aquí están as últimas



NORABOA A TOD@S E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR. O MARTES PUBLICAREMOS OS NOMES DOS  GAÑADORES E GAÑADORAS.

22/10/20

SAMAIN



 A nós non nos frena ningún virus, por eso aínda que este curso os protocolos non nos permiten celebrar a exposición de cabazas á que estamos acostumados, invitámosvos a facelas igualmente e enviar fotos ao  noso correo electrónico para que poidamos velas e subilas ao blog. Tamén podedes enviar fotos de cousas feitas con follas e froitos de outono.
 Enviade unha foto do proceso de elaboración e outra do traballo xa rematado. Podedes envialas ata o sábado día 31.

ceipbarcelos@gmail.com

Haberá sorpresas para os máis creativos!!

Tamén vos deixamos un enlace a unha canción para animarvos mentras traballades

6/10/20

Propostas para o tempo libre

Manuel María empeza o se u poema A FALA dicindo:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,

...

Dende o noso blog covidamosmos a gozar este outono, xunto coas vosas familias, da nosa lingua con alguna das actividades propostas pola Xunta de Galicia a través de Falaredes

Monstros no camiño, teatro

 8 de novembro, ás 11:30 horasCasa da Cultura Riomaior  Vilaboa  Pontevedra

O que levamos nas maletas. Concerto

 7 de novembro, ás 12:00 horas Salón de actos da Biblioteca Municipal Marín Pontevedra
 8 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal de Cerdedo Cerdedo-Cotobade  Pontevedra
 15 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal de Valga Valga Pontevedra