22/3/22

SALÓN DO LIBRO

 Esta semana o alumnas e alumnos de Ed. infantil e primaria visitamos o salón do libro. 

Algúns participaron en obradoiros de arte e outros navegaron gracias á imaxinaci´n e ao conto de Anxo Moure.












Por suposto non faltaron os abrazos a Orbil, mascota do salón nin o recorrido polas distintas salas de lectura.












Este  é o video co que o noso cole participou.



15/3/22

8 DE MARZO, DÍA DO CONSUMIDOR

 



Axenda 2030 de desenvolvemento sostible  inclúe entre os seus obxectivos, a produción e o consumo responsable, promovendo a xestión sostible e o uso eficiente dos recursos así como a redución de residuos e o desperdicio de alimentos. O 15 de marzo de 1983 celebrouse por primeira vez o día do consumidor, establecido pola ONU.





Como consumidor:

·        Antes de comprar pensa: necesitas o que vas a comprar?

 

·         Despois averigua si é un produto respectuoso co medio ambiente .

 

·         Que residuos e lixo xenera? Intenta evitar os produtos de “usar e tirar

 

·        Temos dereitos, por exemplo:

Ø   a recibir educación en materia de consumo.

Ø  que nos resolvan os problemas que teñamos cos productos que compramos.

 


10/3/22

FELIZ FEROZ E OUTROS CONTOS

 Nova sesión de contacontos para primeiro ciclo.. Unha versión actualizada e moi divertida dos clásicos de sempre.



7/3/22

A historia do noso cole


 Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de POLO CORREO DO VENTO  que nos viñeron a contar e cantar sobre a historia do noso cole . Esta historia está representada no mural que previamente nos pintaron na entrada .

Homenaxeamos a Rosalía de Castro

 Esta é unha mostra das actividades que fixemos para conmemorar o día de Rosalía no noso cole








E tamén alguns videos do noso recital de poesías: