30/1/24

DÍA DA PAZ

 Como cada 30 de xaneiro, hoxe conmemoramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Despois de que Favia e Daniela de 5º de Ed Priaria leran un manifesto, outras alumnas e alumnos de 5º recitaron poemas´




A continuacion, dirixidos por Daniel, as nenas e nenos de 3º e 4º cantaron un clásico desta data, IMAGINE de John Lenon. Todos nos unimos un pouco a el@s



Rematamos cantando todos xuntos a canción de Pablo Díaz, O DÍA DA PAZ





24/1/24

POLO CORREO DO VENTO

 
 Hai moitos xeitos de contar unha historia, e con música é unha delas.

Hoxe o colectivo Polo Correo do Vento estivo no noso cole contando historias ao alumnado de infantil e de 1º ciclo de primaria. Como gozaron coas súas historias, cancións e debuxos. 
 GRAZAS!!


22/1/24

ROSALÍA COMA TÍ

 


Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía o vindeiro 23 de febreiro, ao longo desta semana temos instalada na planta baixa do colexio a exposición "Rosalía coma ti". Son 16 paneis acompañados de códigos QR nos que se poden escoitar cancións con poemas da escritora galega.




Para todas as Rosalías (nais, avoas,irmáns, amigas,...) O NOSO AGRADECEMENTO AO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA QUE NOS PROPORCIONOU OS PANEIS.