17/12/08
PRESENTACION DO CALENDARIO NA ZONA MONUMENTAL
5/12/08
ENDL BOLETÍN Nº 4
CALENDARIO 2009
Seguimos coa actividade. Interesante, a charla para pais e nais; aínda que asistiron poucos. O alumnado aprendeu a cantar “ Happy Birthday to you” (“Parabéns para ti”) en varias linguas e agora traballa con “Stille Nacht” (Noite de paz”).
Se aínda non escribiches a carta en galego aos Reis, bule ben. O prazo de presentación remata o próximo día 9, martes. O último día antes das vacacións, o 19 de decembro, virán os Reis á escola e ti vaslles poder entregar a túa carta. Porén, antes tela que presentar a un mestre ou mestra do ENDL para poder participar no concurso. Ilústraa cun debuxo ou un collage. Procura escribir ben e hermoso. As mellores cartas levarán un premio por ciclo e serán publicadas no blog e nos periódicos escolares.
Preparaches a túa articipación no concurso de recitado de poesía de Nadal? O día 9 remata o prazo para inscribirse. Na última semana antes das vacacións iranse recitando polas outras aulas. Os mellores recitadores interviredes o o 19 de decembro, venres, diante dos Reis Magos e de todo o alumnado e profesorado da escola. Daranse varios premios.
ENTRA NO BLOG
No blog vas encontrar fotos das actividades realizadas e traballos premiados nos concursos. Xa lerías o premio de receitas do Samaín. Veo na túa casa ou cando vaias a Informática. O enderezo é http://enlbarcelos.blogspot.com/
Os nenos e nenas que este ano ides participar en actividades de intercambio con outros colexios, convén que teñades aberta unha conta de correo electrónico, principalmente os de 5º e 6º de Primaria. Se non a tendes propia na casa, pódesevos abrir unha no colexio a través de EDUXOVE da Consellería de Educación. A través desa conta escribirédesvos cos vosos corresponsais e mandarédeslles mostras das vosas creacións e traballos.
17/11/08
GALLETAS DE CABAZA
- 4 culleradas de manteiga
- 10 culleradas de azucre
- 10 culleradas de fariña
- 3 ovos
- ½ vaso de puré de cabaza,
- 100 gramos de uvas pasas remolladas (en auga ou licor)
Elaboración
Para preparar o puré, cocerás previamente unha rabanda de cabaza en auga cunha chisca de sal.
Coa axuda dunha batedora de variña, bate a manteiga ata a deixares en punto pomada. Sen deixar de remexer, bota o azucre e os ovos. Continúa batendo e agrega a fariña pouco a pouco. Seguidamente, incorpora, con coidado e sen deixar de remexer, o puré de cabaza.
Nunha placa de forno, cuberta con papel ou untada con manteiga, estende con axuda dunha culler, porcións do amoado dándolles forma de galleta. Engade as pasas e aplasta lixeiramente coa culler.
Cóceas no forno durante 10-12 minutos a 180º. Déixaas arrofriar e sírveas.
Antón Rodríguez Carballo, 5º B
6/11/08
CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS
ILUSTRA A CARTA CUN DEBUXO, UN COLLAGE… ANTES DE A PRESENTARES AO CONCURSO –prazo deica o 9 de decembro-, DEIXA QUE UN MESTRE OU MESTRA CHE CORRIXA O TEXTO.
PRESÉNTAA EN SOBRE ANTE O ENDL DO COLEXIO, DÁNDOLLA A CALQUERA DOS MESTRES/AS DO EQUIPO. PODES GAÑAR UN PREMIO. Se cadra, a túa sae publicada no BLOG.
3/11/08
VII CERTAME SAMAÍN
EDUCACIÓN INFANTIL
INFANTIL 3 ANOS: Miriam Varela Álvarez Alba
INFANTIL 4 ANOS: Javier Carballal Morgade
INFANTIL 5 ANOS: Mario González Doval
EDUCACIÓN PRIMARIA
PRIMEIRO: Joshua Manrique Díaz (1ºB)
SEGUNDO: Lorena Pedreira Sertal (2ºB)
TERCEIRO: Marcos Puente Paz (3ºB)
CUARTO: Nerea Puime Martínez (4ºB)
QUINTO: Antón Rodríguez Carballo (5ºB)
SEXTO: Senén Lores Vera (6ºB)
MENCIÓN HONORÍFICA: Ángel Betanzos Moure
Theo Quintas Peralta
VISITA AO COLEXIO DE VALGA
Nesa malla participan os nenos, nenas e as persoas maiores do pobo que ían vestidos de labregos.
Cando chegamos fomos a unha aula onde nos presentamos e despois os rapaces de alí ensináronnos o seu colexio.
Saímos ao patio que era enorme e no medio había un montón de trigo espallado no chan . Chegaron uns señores maiores e puxéronse en dúas filas e comezaron a darlle ao trigo cuns paus longos, unidos con coiro e unha cadea, que se chaman “ manles”. Primeiro daban os dunha fila e logo os da outra. Vimos como quedaban os grans de trigo enriba do plástico que puxeran por debaixo. Mentres os señores mallaban o trigo unhas señoras cantaban, tocaban a pandeireta e dábanlles de beber.
Cando remataron de mallar deixáronnos xogar coa palla e pasámolo ben, e tamén nos invitaron a unha pequena merenda.
Despois fixeron un palleiro moi alto coa palla para así gardala para o inverno. Por último collemos o autobús para voltar ao colexio.
28/10/08
EN GALEGO MOLA
MÁIS
CEIP BARCELOS ENDL 2008
CONCURSOS E CAMPAÑAS
RECEITAS CON CABAZA OU CASTAÑAS
Poden presentalas as familias. Tráenas os seus fillos ás clases, onde serán corrixidas se o necesitan. Os nenos poden adornalas con debuxos. As mellores serán publicadas no blog e nos periódicos escolares. Prazo de presentación: do 29 de outubro ao 7 de novembro.
CALENDARIO 2009
O alumnado prepara as imaxes dos meses por aulas na primeira quincena de novembro . A actividade forma parte dunha campaña de promoción da lingua galega. Editarase e distribuirase en decembro.
BARCELOS PLURILINGÜE
Inclúe dous tipos de actividades.
Unha referida ás aulas e ao alumnado. Trátase de escribir, expoñer e dicir en varias lenguas –galego, castelán, inglés, francés, portugués, outras que falan as familias
dos nosos alumnos, etc.– pequenos textos. Comezaremos por “ Happy Birthday to you” (“Parabéns para ti”) e “Stille Nacht” (Noite de paz”). A outra é destinada ás familias. Haberá unha charla coloquio sobre o plurilingüismo o día 11 de novembro ás 6 da tarde. Nela daranse orientacións sobre a colaboración das familias na parte dos alumnos e alumnas.
CARTA AOS REIS MAGOS
Trátase dun concurso de cartas en galego aos Reis. Nelas pódenselles pedir regalos de todo tipo, incluídos os bens que desexamos para a familia, para o colexio, para a cidade… As mellores cartas levarán un premio por ciclo e serán publicadas no blog e nos periódicos escolares.
CONCURSO DE RECITACIÓN
Participa no concurso de recitado de poesía que se celebrará antes do Nadal. Terás información no blog e no taboleiro do ENDL.
CONCURSOS E CAMPAÑAS
Como podes participar no concurso de recitación:
• Tes que escoller unha poesía das que van ter os mestres e se van expoñer no taboleiro do ENDL e algunhas tamén no blog
• Teste que inscribir dando o teu nome e o título da poesía que vas recitar.
• Se estás en 5º ou en 6º de EP, podes inscribirte ti persoalmente.
• Se es máis pequeño, debe inscribirte a túa familia ou un dos mestres ou mestras.
• Vai preparando ben a túa poesía con axuda dos teus mestres/as e dos teus familiares.
• Está atento á data ou datas do concurso. Publicaranse no taboleiro e no blog.
Temos un blog do colexio. VISÍTAO EN INTERNET
No blog vas encontrar fotos das actividades realizadas e traballos premiados nos concursos. Tamén encontrarás noticias e materiais para o teu uso. Se o visitas agora, poderás ver as fotos da malla de Cordeiro, á que asistiron dúas au
las do colexio.
Se queres entrar no blog, entra primeiro en Internet e alí escribe este enderezo:
enlbarcelos.blogspot.com