27/11/12

E AGORA... O NADAL CO APALPADOR

A continuación, tendes uns enlaces moi interesantes para o Nadal:

Recursos para traballar nas aulas da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.



O PAPÁ NOEL GALEGO: O APALPADOR.
Se queres saber máis sobre este personaxe, preme na foto.









Que traballadores son estes nen@s de 3º A!!! Logo de ver a pregunta que apareceu nos corredores sobre quen era o Apalpador, puxéronse mans á obra investigando sobre este personaxe en Internet -supoño que tamén miraron no mural das escaleiras-, e así fixeron estes impresionantes traballos. Hai que felicitalos a el@s e á súa "profe"!!


  O CONTO DO APALPADOR

CONTO DO APALPADOR EN PDF
 
 QUERES CANTAR A CANCIÓN DO APALPADOR?

22/11/12

ADIVIÑAS E REFRÁNS

Agora tócalles aos nenos e nenas de 1º B e 2º, eles serán os encargados de propoñernos unhas divertidas adiviñas e de recitar unha chea de refráns destas datas. Queredes escoitalos?

19/11/12

CANTIGAS DO MAGOSTO E FOTOS

Aquí tendes o vídeo das cantigas de EI e primeiro A, que ben cantaron e recitaron estes artistas!!! Pero, aínda faltan as adiviñas de primeiro B  e os refráns de segundo. Será nunha próxima entrega.

 FOTOS DO MAGOSTO
 

8/11/12

QUEN FORON OS CELTAS?

A ver se recoñecedes as voces dos vosos compañeiros e compañeiras do 2º ciclo! Estes alumnos/as son os estupendos narradores deste vídeo sobre os celtas. Queredes saber quen foi ese pobo? Pois... aquí o tendes.