21/2/22

O meco de Barcelos

 Chegou o entroido a Barcelos e se te queres divertir ao Meco debes seguir. Cada día unha orde e recorda que son acumulativas así que o xoves deberás levar o de toda a semana.

Abracadabra pata de cabra,

para comezar,

 o luns unha faixa na cintura debes portar 

O martes,

unha paxariña ou lazo no pescozo

quedará marabilloso.

O mércores,

con algo que teñas na casa,

fai unha capa e as túas costas tapa.

O xoves,

se ao Meco queres agradar 

un sombreiro terás que portar.

O venres,

podes escoller,

co que queiras podes aparecer .






Celebrando e entroido


ENTROIDO
O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera, pero ten elementos de orixe romana, cristiá e medieval. En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera. Tamén se chama carnaval. O Entroido é unha época de festa na que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.


ENTROIDOS MÁIS COÑECIDOS:

·         LAZA (Ourense): Peliqueiros

 Os peliqueiros son os personaxes do carnaval de Laza, reúnense nun acto chamado A estrea do peliqueiro e invitan a bica.




Os peliqueiros son personaxes “animalizados”: non falan, levan chocas de ferro coma os animais e levántanlle a saias as mulleres e zorregan á xente. O traxe está composto por chaqueta con galóns, pantalón curto con encaixe, camisa branca e gravata vermella. Nas pernas levan medias cinguidas con rechamantes ligas e os zapatos son negros. O disfrace compleméntase co cinto, de onde colgan as chocas, e coa zamarra ou látego . A máscara leva pintado un animal e cosida por detrás unha pelica de animal.

 

·         VERÍN (Ourense): Cigarróns

O protagonista é un personaxe enmascarado que viste un traxe con moitos adornos e que chega a pesar 25 quilos. A máscara faise con madeira e a parte superior remata nunha folla de lata con motivos animais ou vexetais. A vestimenta componse de camisa branca con garabata, chaqueta con galóns e xarreteiras, calzón corto e medias. Á cintura levan cinto con chocas por detrás e na man unha “zamarra”.


·         XINZO DE LIMIA (Ourense): Pantallas

É o carnaval máis longo de España –e probablemente do mundo–, xa que dura cinco fins de semana. A Pantalla é a máscara de Xinzo.A careta faise con cartón, papel de xornal, feltro, fariña, auga e pintura. Faise nunha soa peza encaixándose na cara e cabeza. Ten cara de diaño, con cornos e a parte de arriba está adornada con motivos astrais ou animais totémicos. Arredor leva uns flocos que fan de barba. O traxe componse de camisa e calzóns brancos, abrigo vermello ou negro, pano vermello e polainas e zapatos negros. Levan na cintura unha faixa vermella xunto coas campás.



·         ZONA DO ULLA (A Coruña e Pontevedra): Xenerais do Ulla

Nas bisbarras do río Ulla o entroido inspírase nas loitas que se viviron por mor da invasión napoleónica. Os grandes protagonistas son os xenerais que, ataviados con vistosos uniformes, percorren as rúas a cabalo.

 


·         CHANTADA (Lugo): Volantes

Os volantes, ataviados cunha vistosa indumentaria son os representantes dos vellos feudais.


 

·          VILABOA (Pontevedra): Madamas e Galáns

Visten traxes de gran valor e non levan máscaras, vaise coa cara descuberta! As madamas levan camisa e faldra brancas e moitos colares. Todo adornado con fitas, plumas, pedraría e pasamanería. Pero o máis rechamante son os sombreiros.

 


·         A cidade de Pontevedra tamén celebra o entroido por todo o alto. Un dos actos é o Enterro de Ravachol, ao que acode todo o mundo vestido de loito. Ravachol foi un personaxe real, un loro malfalado e groseiro dun coñecido farmacéutico que morreu durante os carnavais de 1913; foi enterrado con grandes honras no medio dun multitudinario duelo que agora se recorda cada ano por estas datas. Cada ano vai vestido diferente.


Para coñecer a historia do loro Ravachol pincha na imaxe





20/2/22

DÍA DE ROSALÍA

 


O 23 de Febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela a gran escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras en castelán coma LA FLOR ou RUÍNAS e outras en galego coma CANTARES GALLEGOS ou FOLLAS NOVAS. 

No seguinte enlace podedes facer actividades LIM que vos permitirán saber máis sobre ela

Rosalía de Castro