Entradas

Benvidos ao curso 2006/2007!

  Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e novas propostas para seguir vivindo, aprendendo e gozando en galego. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega continuaremos promovendo o uso da nosa lingua e achegando o alumnado á cultura e ás tradicións galegas a través de diferentes actividades, celebracións, proxectos e propostas para gozar da lingua tamén fóra da aula. E para comezar o curso, compartimos unha proposta do Concello de Pontevedra que pode resultar de interese para as familias: 🎨 XOGANDO COA ARTE O Concello de Pontevedra, en colaboración con Migallas Teatro , organiza unha nova edición dos obradoiros Xogando coa arte , dirixidos a nenas e nenos de 5 a 11 anos . Trátase de obradoiros de expresión dramática, plástica e musical, nos que tamén haberá xogos tradicionais, creando un espazo de encontro e socialización en galego. 📅 De outubro a decembro 🎭 10 sesións de 1 hora e media 📍 Pazo da Cultura de Pontevedra 💶 50 € , con to...

Revista O Galo

  Presentamos unha nova edición da revista escolar O Galo , correspondente ao curso 2025-2026. Agardamos que gocedes deste percorrido polos momentos, aprendizaxes e experiencias compartidas por toda a comunidade educativa. Podedes acceder á revista  neste enlace📖👈🏼

Letras Galegas 2026

Imagen
A  semana pasada realizáronse diferentes actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. O alumnado participou nun obradoiro de pandeireta presentado por Laura, mamá dunha nena de EI, achegándose á música tradicional galega dun xeito lúdico e participativo. Tamén contamos coa colaboración da Coral Helénica, que compartiu connosco un fermoso momento musical. Como peche da celebración, todo o alumnado de Infantil e Primaria interpretou conxuntamente o Himno Galego, nun acto cheo de emoción e orgullo pola nosa lingua. Ademais, ao longo destes días realizáronse nas aulas diferentes traballos e actividades relacionadas coa autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño  

Fin de semana chea de lingua

Imagen
Esta fin de semana chega cargada de actividades para celebrar e vivir o galego. Compartimos tres propostas culturais e festivas para desfrutar en familia arredor da nosa lingua. Festa da Lingua O sábado 16 celebrarase a Festa da Lingua na rúa da Serra, cun programa cheo de actividades para todas as idades: xogos populares, música, foliada e moito máis. Entre as actuacións destacamos o concerto de Brais das Hortas e Peter Punk, pensado especialmente para o público infantil. Bolboretroula Tamén o sábado terá lugar a Bolboretroula no parque de Cabanas, unha xornada con música, obradoiros, baile e actividades para toda a familia, coa participación de grupos como Cé Orquestra Fantasma ou Migallas. Manifestación “O galego, lingua vital” O domingo 17, ás 12:00 h, sairá da Alameda de Santiago de Compostela a manifestación convocada por Queremos Galego baixo o lema “O galego, lingua vital”. Desexámosvos unha fin de semana chea de lingua, cultura e momentos compartidos. E, por sup...

Maio, mes da lingua

Imagen
  O Concello de Pontevedra celebra un ano máis o   Maio, mes da lingua , unha iniciativa que promove o uso e a valorización do galego a través dun amplo programa de actividades culturais e educativas. 

Os maios 🌼

Imagen
 O 1 de maio celébrase en Pontevedra unha nova edición da tradicional Festa dos Maios. A celebración terá lugar na Praza da Ferraría a partir dias 11:00.  Na escola tamén traballamos esta festividade a través de diferentes actividades relacionadas coa primavera, a música popular e os costumes galegos.  Con iniciativas como esta seguimos fomentando o respecto pola nosa cultura, mantendo vivas as tradicións e transmitindo ao alumnado o valor do patrimonio cultural galego.

Día do libro 📖

Imagen
Con motivo do Día do Libro, celebramos unha xornada moi especial de apadriñamento lector. O alumnado dos cursos superiores compartiu tempo, lecturas e ilusión cos nenos e nenas máis pequenos, converténdose por un día nos seus padriños e madriñas lectoras. Durante a actividade, os maiores prepararon diferentes contos e historias que leron con moito agarimo aos seus compañeiros e compañeiras. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que se fomentou o gusto pola lectura, a convivencia entre etapas e o desenvolvemento da expresión oral. Os máis pequenos gozaron escoitando os contos e participando activamente, mentres que os maiores demostraron responsabilidade, empatía e entusiasmo nesta bonita tarefa. Con iniciativas como esta seguimos promovendo o amor polos libros e creando momentos de aprendizaxe compartida que fortalecen os vínculos entre todo o alumnado do centro. Porque ler é medrar xuntos! 📚✨