14/3/11

O ENTROIDO EN BARCELOS

Este ano o tema do noso entroido foi a música, como poderedes ver nas fotos contamos con gaitas, gaiteiros, rapeiros e a gran pequeorquestra barcelin.























































































































































DÍA DA PAZ

En Barcelos celebramos o día da paz recitando poesias que nos mesmos escribimos, e facendo murais mui grandes e bonitos para recordar a todos que todos os días teñen que ser os da paz.



















































SE EU SOUBESE FACER MAXIA

Se eu soubese facer maxia
un, dous, tres,
as pelexas e as guerras
faría desaparecer.
Nenos e nenas poderían
estudar e aprender,
cos amigos xogarían,
ledos poderían medrar,
todos falarían
con respecto e con paciencia
xuntos traballarían
por unha maior convivencia.
Alumnos e mestres
construirían a paz.
Non existiría o colexio
con violencia e desigualdade.
Se eu soubese facer maxia,
un, dous e tres,
moitas cousas boas
poderían ocorrer.

Paula Ordóñez Castro, 3º B

















A GRAN VERDADE DA PAZ

Oh, paz,
que lindo son
fai esta palabra
cando a dis de corazón!

Mais aínda máis belo é
velo cumprir,
ver que á guerra
xa non se volve ir.

Mais parecemos un pouco tontos
porque isto non é como o conto;
non pode seguir así
e podemos axudar agora e dende aquí.

E a moralexa é:
“Se á paz queres axudar,
faino!
Sen sequera dubidar.”

Telmo Costa, 5º A









A Paz
amor e amizade,
respecto,
as guerras non se poden
usar,
axudar aos pobres,
compartir os xoguetes,
compartir os libros,
non pegar,
non insultar,
non roubar,
faremos un mundo
mellor,
onde se viva
en paz e amor.

Alumnas e alumnos de 1º A