14/5/19

LETRAS GALEGAS 2019 
ANTÓN FRAGUAS

     O antropólogo, xeógrafo e historiador Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 na vila pontevedresa de Cotobade. Sendo estudante de bacharelato fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun dicionario.
     En 1928 formou parte do Seminario de Estudos Galegos que foi clausurado pola ditadura militar despois da Guerra Civil.
     Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que chegou a ser director da Sección de Etnografía e Folclore.
     En 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o posto de Alfonso D. Rodríguez Castelao.
     Dirixiu o Museo do Pobo Galego ata o seu falecemento en 1999.

 Fai click no enlace para ver unha pequena entrevista de Fraguas.
ACTIVIDADES EN LIÑA SOBRE 
ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

  Aquí tedes unhas actividades en liña sobre o autor deste ano: Antón Fraguas. Estas actividades están secuenciadas por idades pero cadaquén pode intentar resolver as que queira, vós poñedes o límite.
   As actividades están elaboradas polos compoñentes do Seminario Galán que, ano tras ano, seguen a facer este bonito e necesario labor. Dende aquí agradecemos o seu traballo.


Facede click na imaxe para comezar
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/