19/11/23

MAGOSTO

 Un ano máis celebramos co cole o magosto.  Valentín asou deliciosas castañas que fixeron as delicias de toda e todos.



Unha xornada moi divertida con  xogos tradicionais coma o trompo, os bolos ou as chapas.







15/11/23

Estudio sociolingüístico para alumnado

 Estamos a realizar un estudio sociolingüístico do galego no noso centro educativo, Para levalo a cabo precisamos que o noso alumnado conteste a este sinxelo cuesionario.

É moi importantes que contestedes sinceramente e que fagades a enquisa unha única vez.

Agradecemos a vosa colaboración.

Podedes acceder ao cuestionario neste enlace

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdDVKUDhvYbe4hOce2QjAnWwNc37E7rvflylT_WDng0lYxrlg/viewform?usp=sharing

1/11/23

Exposición de cabazas

 Como cada ano agradecemos ás familias e ao alumnado a participación na exposición de cabazas.

Terrofíficas cabazas que nos gustaron moit e polo que todos recibirides un diploma de participación.

Deixámosvos algunhas imaxes das mesmas .











Tamén podedes ver fotos do túnel do terror. Execelente traballo da nosa ANPA. Moitas grazas!!













30/10/23

Samaín en Pontevedra 2023

 Aquí vos deixamos algunhas actividades que podedes facer na nosa Boa Vila este ano polo Samaín


Además no concello veciño de Marín hai unha das celebracións máis multitudinarias do Samaín en Galicia, si queres coñecela podes visitar a finca de Briz, no seguinte enlace tes a súa proposta

Samaín en Briz



22/10/23

SAMAÍN




 Hai miles de  anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses, de aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios: 

• 1 Febreiro en honra a deidade Imbole

. • 1 Maio en honra a deidade Beltain

. • 1 Agosto en honra a deidade Lungh.

 • 1 Novembro en honra a deidade Samaín.

A festa do Samaín representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do inverno, era a festa máis importante dos  celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.


Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

Aquí vos deixamos algunhas actividades divertidas de OUTONO e SAMAÍN .

PARA OS MÁIS PEQUENOS

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/o_outono/o_outono.html

PARA OS MEDIANOS



PARA OS MAIORES



(Parecen iguais pero non o son)

Ademais recordámosvos que n podedes xogar no CREBACABEZAS da entrada do cole poñendo palabras relacionadas co SAMAÏN



8/10/23

Propostas ponte do Pilar

 Aproxímase unha ponte longa así que informámosvos dalgunhas  actividades que podedes facer. Moi interesantes e sin moverse da cidade

Este 2023 cúmprense 50 anos do pasamento do pintor Pablo Picasso.

En  AFundación pódese ver una exposición que analiza a pegada do l gran artista a través de 40 importantes autorías do cómic español e galego que desplegan a súa creatividade en más de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas.




A praza da Ferrería acolle outra exposición, Colores del mundo con unha serie de imaxes de renombrados fotógrafos de National Geographic. Está organizada pola Fundación la Caixa, en colaboración co Concello de Pontevedra, está compuesta por 42 instantáneas firmadas por, entre outros, Joel Sartore, Steve McCurry, Michael Nichols, Lynn Johnson, Jodi Cobb, Paul Nicklen, Frans Lanting...






24/9/23

Chega un novo curso

 Co mes de setembro comeza un novo curso escolar. Dende este blogue proporemosvos actividades que tratan de fomentar o uso da nosa lingua que como dixo Castelao é unha obra de arte.


Ademais amosaremos algunhas das moitas actividades que facemos no solo cole así que, estade atentas e atentos!

14/6/23

Revista escolar O Galo

 

Despois dunha pausa un pouco longa, retomamos a publicación da nosa revista escolar, O Galo. 
Esperamos que vos guste.
Aquí vos deixamos un QR de acceso a mesma e un enlace,


Create qr code for freeCreate qr code for free

4/6/23

O teu cole na historia


 Durante esta semana tivemos a sorte depoder ter no noso cole a exposición "O teu cole na historia". Todas as alumnas e alumnos puideron vela pero os de 3º e 4º de Ed Primaria fixeron unha visita especial á mesma ya que foron os autores da mesma, membros de Polo Correo do Vento quenes llela explicaron.



Correlingua

 O alumnado de 1º a 4º de Ed. Primaria participou  nunha nova edición do Correlingua. Desta volta volveuse a tradicional marcha pola cidade ademais do concerto que tanto nos gusta e que correu a cargo do grupo AS MONCHAS.


     

20/2/23

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 


Despois de ler a información que a Fundación Rosalía de castro nos proporciona sobre a súa vida e obra aprendemos e divertimonos xogando .
En primeiro lugar recomendamos este BRINCALETRAS creado polo CEIP Campolongo.

Tamén  vos deixamos un enlace para xogar a KAHOOT, gracias a Carlos Medrano pola súa creación


Para os máis pequenos temos tamén unha bibliografía nun Lim creado por Belén Junquera




Unha historia dos LUNNIS DE LEYENDA



E o seu poema PARECE UNHA ROSA


Poema musicado



E a continuación un recopilatorio con pasapalabra, máis xogos e unidades didácticas para os distintos ciclos

8/2/23

DIARIO DE PONTEVEDRA

 Enmarcado dentro do estudio dos medios de comunicación visitamos a redacción do xornal DIARIO DE PONTEVEDRA.

Alí  puidemos coñecer de primeira man como é o día a día dun periodista, os pasos previos á publicación dun periódico e ademais facer unha foto que permitiu ao noso alumnado convertirse en protagonistas dunha noticia de prensa.





Coa información que nos facilitou Ramón e usando o exemplar do xornal que nos regalaron continuamos o traballo nas aulas.