30/10/12
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Os nenos e nenas do noso cole traballaron moito para facer unhas fermosas e, tamén, arrepiantes cabazas. Admirádeas!
3/10/12
XA CHEGOU O OUTONO
Nesta estación emprázanse dúas celebracións ben interesantes: o Samaín e o Magosto. Se queredes saber algo máis sobre estas festas, podedes consultar as ligazóns que aparecen a continuación. Con elas poderedes aprender e divertirvos!
Non vos esquezades de presentar os vosos traballos de investigación ou de creación literaria para o noso "Libro do Outono", o prazo de entrega remata o 31 de outubro. A continuación, tendes unha morea de refráns, adiviñas, cantigas... que podedes utilizar. Animádevos!!
Ligazóns sobre o Samaín e o Magosto:
XOGO DO SAMAÍN |
Samaín de Cultura Galega. Preme aquí.
O Samaín e os celtas de Galicia espallada.
O Samaín e demais celebracións celtas.
Samaín , o aninovo celta. Preme aquí.
Que é unha cabaza? Preme aquí.
Os celtas. Preme aquí.
Manualidades e debuxos.
Manualidades do Samaín.
Debuxos de cabazas.
Mandalas de Samaín.
O Magosto (Galicia espallada). Preme aquí.
O Magosto (Wikipedia).
A castaña e o castiñeiro. Preme aquí.
Máis sobre o castiñeiro en Galicia.
Actividades e información sobre o Magosto en Jclic. Para o 2º e 3º ciclo de Primaria.
Actividade LIM para os tres ciclos de Primaria.
Cantigas, refráns e adiviñas do Magosto.Recompilación realizada polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüiística do Centro.
Debuxos do outono para colorear.
Máis debuxos de Educima.
E agora, un fermoso poema de Antonio García Teijeiro e moito máis!
OUTONO
As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.
Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.
Unha alfombra
cobre o chan,
folliñas
que veñen e van.
Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan
co vento
todas collidos
da man.
ADIVIÑAS (Nas ligazóns anteriores tes moitas máis)
Ten pelexo coma a xente,
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.
Alto me vexo
no meu capelexo,
por unha risada
quedeime sen nada.
Alto está,
barbas ten,
ri e solta o que ten .
No aire se cría,
no aire se ten;
bota unha risada
e perde o que ten.
Mirade que vídeo máis chulo! Por que corre a cabaciña?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)