14/12/17

REVISTA ESCOLAR O GALO

Aqueles que queirades ver o último número da revista do colexio, podedes facelo no enlace de abaixo.


12/5/17

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos quedan uns enlaces a unhas entretidas actividades, feitas polo Seminario Galán, sobre o homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. As actividades están agrupadas en dificultade crecente, pero podedes facer as que queirades. Sorte e a pasalo ben!

Facede click para xogar no nivel que vos interese.






9/5/17

DIA DAS LETRAS GALEGAS 
17 DE MAIO

CARLOS CASARES


Resultado de imaxes para CARLOS CASARES FOTOGRAFÍA 


    Carlos Casares Mouriño está considerado como unha das figuras máis singulares e renovadoras da nosa literatura.

   Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense. Durante a súa vida nunca non deixou de estar implicado na vida cultural, social e institucional do noso país, sendo un firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización e da creación do Consello da Cultura Galega.

   A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de novelas, ensaios, artigos periodísticos...

   Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que sería a súa obra póstuma “O sol do verán”.
Este ano 2017 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa nosa lingua e literatura.


Resultado de imaxes para a galiña azul

20/1/17

FOTOS DA VISITA DAS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE AO COLEXIO


OS REIS E A TV NA NOSA ESCOLA




10/1/17

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DO ALUMNADO DE TRES ANOS SOBRE O OUTONO.


Picade na imaxe para ver o vídeo