27/5/20

I Certamen Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020


Feiraco organiza en colaboración con la Secretaría Xeral de Política Lingüística o I Certamen Infantil de Artes Plásticas con motivo de Letras Galegas 2020. 
Ata o día 31 de maio estades a tempo de participar así que animádevos que sabemos que no cole temos grandes artistas.
Podedes consultar as bases no seguinte enlace

Enlace páxina FEIRACO


MOITA SORTE!!

16/5/20

CARBALLO CALERO


Mestres  e mestras do cole fixemos unha lectura compartida de poemas de Ricardo Carballo para conmemorar esta edición do Día das Letras Galegas,  queremos compartilo con vós.
Pincha na imaxe para velo



Vémonos pronto!!!

14/5/20

As pitas baixo a choiva




Aquí vos deixamos un enlace á única obra para nenos de Carvallo Calero, podedes lela online e facer actividades sobre a lectura

As pitas baixo a choiva

6/5/20

LETRAS GALEGAS 2020


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas"  como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Escolleuse esta data porque nesa data publicouse CANTARES GALLEGOS DE ROSALÍA DE CASTRO que foi o primero libro galego que tivo unha significación universal. 
Despois fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas adicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas.



Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. É unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura de noso ao longo do século XX. 

Aquí vos deixamos un montón de enlaces que vos permitirán coñecer a vida e obra de este ferrolán falecido en 1990.


Despois de ler a súa biografía comproba o que sabes neste preguntorio musical feito por mestres do CEIP Frei Luís de Granada, Sarria (Lugo)  a quen agradecemos este traballo.


O famoso pasapalabra

ROSCO

Máis información e  actividades en liña e outras para imprimir agrupadas por niveis educativos, dende Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria:





Na páxina da Real Academia das Letras que vos deixamos a continuación atoparedes a súa biografía, obras, debuxos para colorear, xogos e moitos recursos máis. Viaxade a través deles xa veredes que ben.


Aquí un xogo, agradecemos a súa elaboración e que o comparta o CPR Plurilingúe San Pío X (Ourense)