24/4/22

Letras Galegas 2022

 




Dende 1963 cada 17 de maio celébrase o Día das Letras galegas para homenaxear a persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e a defensa do idioma. Dende Rosalía de Castro ou Castelao nos primeros anos ata Florencio Deldado Gurriarán neste 2022



Delgado Gurriarán naceu o 27 de agosto de 1903 en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Despois, por motivo da profesión de seu pai, perito agrícola e funcionario do Ministerio de Fomento, toda a familia viviu en Ourense, Palencia e Valladolid, onde Florencio estudou a carreira de Dereito entre 1918 e 1924.

Durante a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), en Delgado Gurriarán aséntanse os ideais republicanos e plenamente galeguistas. Comezou a militar no Partido Galeguista (PG), 
Florencio estivo sempre moi activo nos círculos galeguistas e isto fixo que durante a Guerra Civil tivera e exiliarse en México.

Videoclip baseado nun poema de Florencio Manuel Delgado Gurriarán feito no CEIP Carballa

Os vértices da poesía de Delgado Gurriarán xiran arredor de tres eixes temáticos e estilísticos: a obra lírica e sensual de Valdeorras, compilada no libro Bebedeira; a poesía de loita e defensa da lingua galega e belixerante contra o fascismo, que se publicou sobre todo en Nueva Galicia e se recolleu no libro O soño do guieiro. O terceiro eixe é o da poesía crioula recollida nas revistas Saudade e Vieiros e no libro Galicia infinda, na que o autor mostra a súa admiración pola realidade mexicana e a capacidade da lingua galega para dialogar cun sistema literario tan diferente como o mexicano.

Actividades Seminario Galán

Telexornal CEIP Dices, Rois

















No hay comentarios: