5/5/24

Letras Galegas 2024

 Xa estamos ante unha nova edición das letras galegas adicada a Luisa Villalta , escritura coruñesa cuia voz se apagou demasiado cedo. Temos xa unha exposición no cole sobre ela.


Aquí vos deixamos algúns videos e enlaces nos que podedes decubrir moitas cousas sobre a súa vida e obra.

Para os máis pequenos :

 

 Violino, Inglesa e o libro xigante.

Para todos :

Biografía proporcionada pola Real Academia

Tamén algunhas actividades interactivas para facer:

A Real Academia Galega estrea o 10 de abril 'Luísa Villalta: a rebelión da palabra'. A serie documental web de seis episodios sobre a protagonista do Día das Letras Galegas 2024 é unha proposta documental dirixida por Damián Varela Pastrana, con guión de Alba López Álvarez, que incorpora artistas do ámbito da poesía, a música e as artes escénicas para nos achegar á esencia da autora. Deixamos un trailer e podedes ver a serie completa no enlace




Coma tódolos anos grazas ao magnnífico traballo do Seminario Galán, podemos seguir coñecendo á escritora. Pinchade na imaxe para acceder a actividades variadas