Aqui tedes máis actividades sobre Díaz Castro. As solucións poderédelas atopar na información que se foi colgando neste blog durante estes días. Desfrutádeas! http://seminariogalan.org/inicio/ver/249
12/5/14
Neste enlace tedes unhas divertidas actividades sobre Díaz Castro e algunha outra persoa decisiva para as Letras Galegas. Sabedes de quen se trata?
Hoxe deixámosvos un documental de media hora (daquela non apto para os máis pequenos da casa) sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.
É un documental que xa ten os seus anos, pero pode ser válido para o alumnado do terceiro ciclo e as súas familias. Consiste nunha aproximación ao mundo de Díaz Castro, levados pola man do propio autor.
No documental faremos un percorrido polos lugares onde transcorreron os seus primeiros anos de vida, escoitando recitar ao autor os seus textos máis representativos. Foi gravado no ano 1987 e remasterizado recentemente co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2014.
6/5/14
Día das Letras Galegas 2014
17 de maio
Xosé María Díaz Castro
O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
Currículum
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.
Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).