18/11/14

MAGOSTO 2014

       Un ano máis a festa das castañas chega ao noso colexio. Coma en anos anteriores, e gracias á colaboración de toda a comunidade escolar, poidemos sacar adiante esta festa tan arraigada na nosa cultura. Nesta festa facémoslle unha pequena homenaxe a este froito, que tanto se usaba na cociña galega antes da chegada da pataca.

       Se picades na foto da abaixo, abriredes un álbum con algunhas fotografías desta pequena celebración. Gracias a todos pola vosa axuda!

¡ LONGA VIDA Á CASTAÑA!

4/11/14

ACTIVIDADE SOBRE BOTÁNICA.

      Co motivo da renovación da Praza de Barcelos, realizamos no colexio un ciclo de actividades arredor das distintas especies vexetais que podemos atopar na nosa praza.
     Para elo desprazáronse á nosa biblioteca, algúns especialistas que nos informaron das características propias de cada especie, ensinándonos a maneira de diferencialas.
        Se picades na fotografía de abaixo poderedes ver algunhas fotos da actividade. 

https://plus.google.com/photos/103778021515315938122/albums/6077871084263774977?banner=pwa

Aquí tedes un pequeno vídeo da actividade.


FOTOS DAS CABAZAS DO SAMAÍN.

      Como o prometido é débeda, aquí están as fotos dos calacús realizados polo alumnado para o Samaín.
      Como vedes, na mostra había un pouco de todo. Tiñamos cabazas graciosas, tenebrosas, vampíricas, fantasmais...
      Grazas a tod@s pola vosa implicación nesta celebración, esperamos que o próximo ano teñamos, cando menos, tantas e tan boas cabazas coma este.



3/11/14

SAMAÍN 2014

       O Samaín chegou ao noso colexio cheo de cabazas de tódolos tamaños, formas e cores.
      No recibidor do colexio fixemos unha exposición con tódalas cabazas realizadas polo alumnado e as súas familias. Todas elas eran de gran calidade e, por elo, resultou imposible decidirnos para elixir as mellores. Para solucionar este "conflito" escolar, optamos por repartir uns pequenos agasallos entre todos os participantes e deixarlles así a boca doce de cara ao ano próximo.

       Gracias a tod@s pola vosa participación nesta celebración que, cada vez, cobra máis forza en Galicia!



Permanecede atent@os ao noso blog xa que logo subiremos as fotos das cabazas expostas no colexio.