11/11/21

MAGOSTO 2021

 Polo San Martiño faise  o magosto con castañas  e viño.

Por iso hoxe fixemos o noso magosto solidario no cole. As familias aportaron as castañas e os cartos que se iban gastar nelas vanse donar ao comedor social de San Francisco.

Agradecer todas as aportacións e a colaboración hoxe no asado.







3/11/21

RELATOS DE SAMAÍN

 Alumnas e alumnos de Ed. Infantil e Primaria participaron no concurso de relatos de terros convocado polo Samaín. Cos finalistas e os gañadores elaboramos un libro do que poderemos disfrutar na biblioteca do cole. Aquí están algúns deles.



Gañadores do certame  e do concurso de cabazas recibiron o se agasallo para animar a seguir creando.







  




29/10/21

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS

 En primeiro lugar agradecemos ás familias a participación nesta actividade, e en segundo lugar felicitámosvos polas cabazas presentadas. 


                                  

 


Ningunha é mellor que outra, están todas xenial pero a continuación presentamos as seleccionadas:

ED. INFANTIL
Carla Iglesias Cabanelas

1º CICLO
 Marta Franco López
2º CICLO
 Ezequiel Alexander Buyones Fernández
3º CICLO
Lara Meijueiro Silvares


A semana que farémosvos entrega dun pequeno obsequio.

22/10/21

FESTA CORRELINGUA 2021


O galego é a nosa lingua e fieis a esta promesa, tratamos de fomentar o seu uso cada día.

Neste ocasión fixémolo participando na festa do correlingua na que Pauliña dou un estupendo concerto.

Non todos puidemos asistir, pero os que non foron tamén o gozaron en streaming.

Deixámosvos unhas fotos e un  enlace no que podedes escoitar un pouco de rock de Pauliña.




















19/10/21

SAMAÍN 2021

Seguro que sabedes moitas cousas do SAMAÏN pero máis vos queremos ensinar. 
O primeiro, que é o Samaín e de onde ven? Cóntannolo no PORTAL DAS PALABRAS


E tamén en VIEIROS DA ESCOLA


Gracias a TVG repasamos vocabulario relacionado con este día:

 

Na biblioteca do cole temos unha exposición de libros  cos que podedes morrer de medo ou de risa:

Ademais deixámosvos  un enlace ao bloggue LITTLE VIGO no que atoparedes unha lista de libros terroríficos elaborada pola librería  "Libros para soñar"
  
E para rematar un pouco de música e todos a cantar e bailar: