19/12/12

A LINGUA GALEGA TAMÉN NOUTROS MUNDOS

Dende o día 20 de novembro puidemos ter no noso centro a exposición titulada: A Lingua Galega tamén noutros mundos". Deste xeito, o noso alumnado constatou como a nosa lingua non ten os límites xeográficos de Galicia, senón que vai moito máis alá. Percorre o mundo e as mentes de escritores e poetas deste tempo e de tempos pasados, como Federico García Lorca, quen escribiu varios poemas en galego. Un deles é a letra da fermosa canción "Chove en Santiago". Podedes escoitala se ides á entrada da columna da dereita "Son de poetas", vale a pena!!

A exposición constaba de doce paneis que trataban dos seguintes temas:



18/12/12

MURAIS E FOTOS DO NADAL

Este Nadal adornamos o noso "cole" cuns fermosísimos murais. Dende os máis pequenos até os maiores, todos colaboraron para engalanar as paredes cuns traballos cheos de cor e orixinalidade.



Por certo, os nenos e nenas de 6º B xa saben quen é o Apalpador. Teñen moita información, até saben a estrada que hai que coller para chegar preto da súa casa!!!

Polo  3º nivel tamén andan facendo uns interesantes traballos de investigación. 

  FOTOS DE E.I. 3 ANOS B

17/12/12

O LIBRO DO OUTONO E MURAIS DE OUTONO



Qué impresionantes  murais se fixeron este outono, moito traballou o alumnado do "cole",  sobre todo os nenos e nenas de EI.



A continuación tendes O Libro de Outono, nel pódense atopar unha chea de fermosos traballos referidos ao outono, o Magosto e o Samaín.

 O Libro do Outono. PREME AQUÍ
 
















ESTES SON OS VOSOS ESTUPENDOS TRABALLOS. PARABÉNS A TOD@S: NENOS, NENAS , PROFESOR@S E PAIS/NAIS. 

12/12/12

PANXOLIÑAS

E agora imos cantar unhas panxoliñas ou, polo menos, escoitalas, non?