30/10/23

Samaín en Pontevedra 2023

 Aquí vos deixamos algunhas actividades que podedes facer na nosa Boa Vila este ano polo Samaín


Además no concello veciño de Marín hai unha das celebracións máis multitudinarias do Samaín en Galicia, si queres coñecela podes visitar a finca de Briz, no seguinte enlace tes a súa proposta

Samaín en Briz



22/10/23

SAMAÍN




 Hai miles de  anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses, de aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios: 

• 1 Febreiro en honra a deidade Imbole

. • 1 Maio en honra a deidade Beltain

. • 1 Agosto en honra a deidade Lungh.

 • 1 Novembro en honra a deidade Samaín.

A festa do Samaín representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do inverno, era a festa máis importante dos  celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.


Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

Aquí vos deixamos algunhas actividades divertidas de OUTONO e SAMAÍN .

PARA OS MÁIS PEQUENOS

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/o_outono/o_outono.html

PARA OS MEDIANOS



PARA OS MAIORES



(Parecen iguais pero non o son)

Ademais recordámosvos que n podedes xogar no CREBACABEZAS da entrada do cole poñendo palabras relacionadas co SAMAÏN



8/10/23

Propostas ponte do Pilar

 Aproxímase unha ponte longa así que informámosvos dalgunhas  actividades que podedes facer. Moi interesantes e sin moverse da cidade

Este 2023 cúmprense 50 anos do pasamento do pintor Pablo Picasso.

En  AFundación pódese ver una exposición que analiza a pegada do l gran artista a través de 40 importantes autorías do cómic español e galego que desplegan a súa creatividade en más de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas.




A praza da Ferrería acolle outra exposición, Colores del mundo con unha serie de imaxes de renombrados fotógrafos de National Geographic. Está organizada pola Fundación la Caixa, en colaboración co Concello de Pontevedra, está compuesta por 42 instantáneas firmadas por, entre outros, Joel Sartore, Steve McCurry, Michael Nichols, Lynn Johnson, Jodi Cobb, Paul Nicklen, Frans Lanting...