VISITA Á EXPOSICIÓN DA AUGA
"H2O"
Este é outro pequeno vídeo sobre a visita que fixo o alumnado do colexio á exposición sobre a auga montada diante do concello. Déronnos unha chea de datos a ter en conta á hora de abrir a billa.
Este ano o homenaxeado é Manuel María Fernández Teixeiro. Naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Destacou polo seu carácter reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural coa nosa lingua. Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos. É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos. A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016. |