Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2008

GALLETAS DE CABAZA

Imagen
GALLETAS DE CABAZA Ingredientes para catro persoas: - 4 culleradas de manteiga - 10 culleradas de azucre - 10 culleradas de fariña - 3 ovos - ½ vaso de puré de cabaza, - 100 gramos de uvas pasas remolladas (en auga ou licor) Elaboración Para preparar o puré, cocerás previamente unha rabanda de cabaza en auga cunha chisca de sal. Coa axuda dunha batedora de variña, bate a manteiga ata a deixares en punto pomada. Sen deixar de remexer, bota o azucre e os ovos. Continúa batendo e agrega a fariña pouco a pouco. Seguidamente, incorpora, con coidado e sen deixar de remexer, o puré de cabaza. Nunha placa de forno, cuberta con papel ou untada con manteiga, estende con axuda dunha culler, porcións do amoado dándolles forma de galleta. Engade as pasas e aplasta lixeiramente coa culler. Cóceas no forno durante 10-12 minutos a 180º. Déixaas arrofriar e sírveas. Antón Rodríguez Carballo, 5º B

CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS

Imagen
ESCRÍBELLES UNHA CARTA AOS REIS MAGOS, PEDÍNDOLLES O MELLOR QUE SE CHE OCORRA PARA TI, PARA A TÚA FAMILIA, PARA O COLEXIO, PARA A CIDADE, PARA O MUNDO… ILUSTRA A CARTA CUN DEBUXO, UN COLLAGE… ANTES DE A PRESENTARES AO CONCURSO –prazo deica o 9 de decembro-, DEIXA QUE UN MESTRE OU MESTRA CHE CORRIXA O TEXTO. PRESÉNTAA EN SOBRE ANTE O ENDL DO COLEXIO, DÁNDOLLA A CALQUERA DOS MESTRES/AS DO EQUIPO. PODES GAÑAR UN PREMIO. Se cadra, a túa sae publicada no BLOG.
Imagen
IIPREMIOS IV CERTAME SAMAIN VII CERTAME SAMAÍN EDUCACIÓN INFANTIL INFANTIL 3 ANOS: Miriam Varela Álvarez Alba INFANTIL 4 ANOS: Javier Carballal Morgade INFANTIL 5 ANOS: Mario González Doval EDUCACIÓN PRIMARIA PRIMEIRO: Joshua Manrique Díaz (1ºB) SEGUNDO: Lorena Pedreira Sertal (2ºB) TERCEIRO: Marcos Puente Paz (3ºB) CUARTO: Nerea Puime Martínez (4ºB) QUINTO: Antón Rodríguez Carballo (5ºB) SEXTO: Senén Lores Vera (6ºB) MENCIÓN HONORÍFICA: Ángel Betanzos Moure Theo Quintas Peralta

VISITA AO COLEXIO DE VALGA

Imagen
O día 23 de setembro os rapaces e rapazas de 5ºB e 6ºA fomos ver a “MALLA DO TRIGO” ao colexio de Valga, Xesús Ferro Couselo. Nesa malla participan os nenos, nenas e as persoas maiores do pobo que ían vestidos de labregos. Cando chegamos fomos a unha aula onde nos presentamos e despois os rapaces de alí ensináronnos o seu colexio. Saímos ao patio que era enorme e no medio había un montón de trigo espallado no chan . Chegaron uns señores maiores e puxéronse en dúas filas e comezaron a darlle ao trigo cuns paus longos, unidos con coiro e unha cadea, que se chaman “ manles”. Primeiro daban os dunha fila e logo os da outra. Vimos como quedaban os grans de trigo enriba do plástico que puxeran por debaixo. Mentres os señores mallaban o trigo unhas señoras cantaban, tocaban a pandeireta e dábanlles de beber. Cando remataron de mallar deixáronnos xogar coa palla e pasámolo ben, e tamén nos invitaron a unha pequena merenda. Despois fixeron un palleiro moi alto coa palla para así gardala para o ...