3/11/08

VISITA AO COLEXIO DE VALGA



O día 23 de setembro os rapaces e rapazas de 5ºB e 6ºA fomos ver a “MALLA DO TRIGO” ao colexio de Valga, Xesús Ferro Couselo.
Nesa malla participan os nenos, nenas e as persoas maiores do pobo que ían vestidos de labregos.
Cando chegamos fomos a unha aula onde nos presentamos e despois os rapaces de alí ensináronnos o seu colexio.
Saímos ao patio que era enorme e no medio había un montón de trigo espallado no chan . Chegaron uns señores maiores e puxéronse en dúas filas e comezaron a darlle ao trigo cuns paus longos, unidos con coiro e unha cadea, que se chaman “ manles”. Primeiro daban os dunha fila e logo os da outra. Vimos como quedaban os grans de trigo enriba do plástico que puxeran por debaixo. Mentres os señores mallaban o trigo unhas señoras cantaban, tocaban a pandeireta e dábanlles de beber.
Cando remataron de mallar deixáronnos xogar coa palla e pasámolo ben, e tamén nos invitaron a unha pequena merenda.
Despois fixeron un palleiro moi alto coa palla para así gardala para o inverno. Por último collemos o autobús para voltar ao colexio.

No hay comentarios: