Un ano máis rematamos o curso publicando a nosa revista escolar O GALO.
Nela recollemos algúns recordos deste curso, pero houbo moito máis.
Podedes vela facendo clic no seguinte enlace.
O 17 de maio é a festa da lingua galega , unha celebración institucionalizada no ano 1963 pola Real Academia Gallega (RAG) para homenaxear a autores e autoras que traballan a favor da defensa e promoción do noso idioma e a nosa cultura. Este ano 2025 as Letras Galegas están adicadas ás cantareiras e pandereteiras, personalizado en algunhas mulleres en especial Seminario Galán Neste enlace podedes consultar a biografía de Adolfina e Rosa e moitas cousas máis Guía Cine en galego, no seguinte enlace podedes ver a miniserie Se canto é porque quero Tamén vos deixamos algunhas actividades interactivas que vos divertirán ao tempo que aprendedes Xoga connosco Que sabes das cantareiras?
Empezaremos co rei Urco e remataremos co enterro de Ravachol pero no seguinte enlace podedes ver o programa completo do entroido de Pontevedra ENTROIDO DE PONTEVEDRA
O 21 de marzo celebramos 0 Día da poesía por eso durante este mes estamos a traballar distintos tipos de poemas Na biblioteca tendes unha mostra bibliográfica con poemarios de diversos autores, dende clásicos coma Rosalía de Castro a poetas contemporáneos coma Ana Mª Fernández ou Antonio García Teixeiro. Imos a presentarvos un tipo de poema coñecido coma Haiku, poesía xaponesa. Consiste nun poema breve de dezasete sílabas, escrito en tres versos normalmente de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente. Invitámosmosvos a facer algún haiku, decoralo e pegalo nunha das cortizas que atoparedes nas escaleiras do cole
Comentarios