17/11/08

GALLETAS DE CABAZA

GALLETAS DE CABAZA

Ingredientes para catro persoas:

- 4 culleradas de manteiga
- 10 culleradas de azucre
- 10 culleradas de fariña
- 3 ovos
- ½ vaso de puré de cabaza,
- 100 gramos de uvas pasas remolladas (en auga ou licor)



Elaboración

Para preparar o puré, cocerás previamente unha rabanda de cabaza en auga cunha chisca de sal.

Coa axuda dunha batedora de variña, bate a manteiga ata a deixares en punto pomada. Sen deixar de remexer, bota o azucre e os ovos. Continúa batendo e agrega a fariña pouco a pouco. Seguidamente, incorpora, con coidado e sen deixar de remexer, o puré de cabaza.

Nunha placa de forno, cuberta con papel ou untada con manteiga, estende con axuda dunha culler, porcións do amoado dándolles forma de galleta. Engade as pasas e aplasta lixeiramente coa culler.

Cóceas no forno durante 10-12 minutos a 180º. Déixaas arrofriar e sírveas.

Antón Rodríguez Carballo, 5º B

No hay comentarios: