29/6/12


12. PEQUENOS ACTORES E ACTRICES

       Os alumnos de 5º B participaron na dramatización de diversas escenas teatrais, tal como se observa no vídeo seguinte:


7/6/12


11. SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

       Perante a Semana Cultural das Letras Galegas desenvolveuse un amplo programa de actividades, sintetizadas mediante o seguinte tríptico:

      Mira algunhas das actividades da Semana en imaxe!:
  • I CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS EN DEFENSA DO GALEGO:










                                * E, os premiados foron:

                                    * Ángela Losada Pérez (3º)

                                             *Lena González García e Sergio Álvarez Silva (4º)

*Sofía Domínguez e Andrea F. Area (5º)

*Lucía González Arias (6º)


  • MARATÓN DE LECTURA EN GALEGO:  En homenaxe á figura de Valentín Paz Andrade, participamos na lectura de diversos poemas do autor como serían, a modo de exemplo, os seguintes:
 
A FLAUTA DO BERNARDINO
Ao monte van as ovellas
de cabalo do mencer,
Bernardino vai con elas.
A flauta de Bernardino
ciscou un solo no ar,
pastorileira de trino.
A fame a flor de fociño
furga o verde pan na neve,
cada boca seu foliño.

AS BRUXAS DE VOZQUEIMADO
As bruxas de Vozqueimado
deixan as vasoiras fóra,
para tornar enmeigado
ao que camiña a deshora.
Lobo na sombra enfoulado
que cando aos bultos oubeas
pos o silenzo esgazado,
feito farrapos de tea.

CANTARELA DO CAMIÑANTE
Deixo moza no lugar
deixo a miña nai soiña,
quedan pra min a fiar
amor e lán na cociña.
Levo pan para o camiño,
levo caxata na man,
e beberei fresco viño
no regato de Chavián.
  
CANTARELA DO CANTEIRO
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
Con sílaba de ferreiro
canta, canta,
os minerais sonos debullando,
plim-plim, plim-plim, plim-plim...
canta, canta o teu cicel.
A túa arte, canteiro,
arte maior do pico e da marreta,
que xeolóxico verso,
na castidade crúa do perpiaño
labrará para min?
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
As voces unisílabas da pedra,
só por túa mao, canteiro,
se xuntaron
ao pentagrama máxico do mundo.

O BARCO DE SOMBRAS
Despois da meia noite de Vilaxoán partían...
Polo peirao durmido vultos de homes da vila
pouco a pouco engulidos por un barco sen luces
a pasarela entrando en alongada fila.
Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvora
repican a maitíns as monxas dun convento,
as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen,
o mar saúda o barco coa súa mao ao vento.
Alá fica Rianxo con Castelao de fora,
e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro.
Despois o barco vira a costa de Pondal
para ter da liberdade o rumo verdadeiro.
Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza,
as cantábricas puntas de Galiza dixeron:
Adeus fillos da Terra as alleas ciscados
e que Deus vos recolla no anaco que nos deron!
De aqueles que unha noite de Vilaxoán partiron
poucas malvas darían camposanto da Terra.
A dispersión, a praga bíblica de Galiza,
nos exiliados roe como cinzas da Guerra.

CANTIGA MATINAL DE SAMIL
A cabalo da mañá
teño unha baranda nova,
para escoitar a riveirana
de luces de cada aurora.
Bañado na onda do mare
e peneirado na brisa
entre as palmas do mencer
entrou encoiros o día.
A gasa da néboa ao lusco
ten remendos amarelos,
que lle botan á mañá
as roupas dos bolicheiros.

  • EXPOSICIÓN DE TRABALLOS VOLUNTARIOS NO XORNAL-MURAL:



  • CONSTRUCCIÓN DO RECUNCHO DO PEQUENO ESCRITOR: É un espazo destinado á consulta dos libros elaborados polos alumnos durante o presente curso, así como en anos anteriores.