EN GALEGO MOLA MAIS Boletin 2010 2º
SEMANA INTERCULTURAL E INTERCAMBIO Foron as principais actividades realizadas entre o segundo e o terceiro trimestre. Damos as grazas ás familias que colaboraron na achega de cantigas dos avós en diferentes linguas. As xornadas de intercambio resultaron moi ben, tanto as de Cordeiro como as de Pontevedra. Acharedes fotos dos encontros visitando o noso blogue. Algunhas publicaranse no periódico mural e na revista escolar O Galo. Por agora védeas no blogue http://enlbarcelos.blogspot.com A NOSA ESCOLA EN EUROPA A editorial Planeta distribuíu hai pouco o libro que redactamos entre todos sobre A nosa escola en Europa. Quedou moi ben. AUTOCONTACONTOS Realizamos tamén esta actividade, coa participación de varias aulas do 2º e do 3º ciclo. Na primeira fase seleccionáronse catro por aula (ata o 15 de marzo). Na segunda (ata o 15 de abril) seleccionáronse dous por ciclo. Estes recibirán cadanseu premio e intervirán como contacontos no acto final da Semana das Letras Galegas, o vindeiro 28 de m...