13/3/24

DÍA DA POESÏA 2024

 


        En 1999 a Unesco proclamou o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía. Con esta  celebración querese apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilidade das linguas que se atopan  en perigo. Agora ben, por que ese día e non outro? A explicación ten que ver co inicio da primavera no hemisferio norte.  

Aquí vos deixamos algunha poesía, cal vos gusta máis? Vota a túa favorita no cuestionario ue está ao final da páxina. Tamén podes propoñer un no cuestionario poñendo nome e autor

  

                               

                              







Antonio García Tejeiro


     







8/3/24

Olalla Ríos e Miriam Nuñez

 


Turno aos corpos de seguridade. Hoxe foi o turno de dúas policías nacionais que de novo captaron a atención do noso alumnado. Nesta ocasión 3º,4º,5º e 6º de Ed. Primaria´.



Así chegamos ao final das nosas Xornadas da Muller, grazas a todas elas e polo seu traballo, pola súa presenza e por recordarnos que

  AS MULLERES PODEMOS SER O QUE QUEREMOS!

7/3/24

Silvia Gómez e MªJosé Fernández

 


Silvia e María explicaron hoxe moi  o traballo que fan coma arquitectas técnicas. Amosaron algúns dos materiais cos que se traballa na construcción e explicaron algo moi importante, as medidas de seguridade na obra.

Quizais é este un dos sectores  que menos mulleres emplea xa que a porcentaxe ronda só o 10%


6/3/24

Chus Gómez

 



Estamos na semana da prensa así que Chus fixo unha visita por motivos dobles. Dende hai máis de vinte anos é xornalista e na actualidade traballa en Diario de Pontevedra, xornal da nosa localidade no que  cubre a sección de educación.

Entre outras cousas moi interesantes, contounos o difícil que é ás veces atopar a noticia que desperte o interese do lector.



Gracias Chus  pola túa colaboración!

5/3/24

Paula Cajaraville


Pola súa acreditada experiencia e formación  Paula Cajaraville foi nomeada fiscal de Violencia contra a Muller en Pontevedra hai poucos meses. Así que nadie mellor que ela  para instruirnos sobre igualdade de xénero.



Dende aquí agradecemos a Paula, que ademais é mamá dunha alumna do centro, a súa presenza

4/3/24

Iria Rosendo e Iris Romero

 

 

As mulleres cada vez están máis presentes tamén no deporte, incluso en aqueles tradicionalmente considerados masculinos. Hoxe visitáronnos Iria Rosendo árbitra principal  e Iris Romero árbitra asistente  de primeira división feminina. Forman parte da reducida plantilla feminina da RFEF.

Compartiron con nós interesantísimas informacións sobre a preparación necesaria para ser árbitra sobre o seu  traballo que vai máis alá de saca tarxetas vermellas e amarelas.

No seguinte enlace podedes saber máis sobre a súa traxectoria

La voz de Galicia

Pontevedra Viva

3/3/24

PREPARÁDEVOS QUE VEÑEN CURVAS

O 8 de marzo día da muller, no cole invitamos a mulleres de distintos ámbitos que virán ao longo de toda a semana a compartir con nós as súas experiencias de vida.



Estade atent@s ao longo da semana que vos iremos contando máis pero para arrancar o luns tócalle o turno ao mundo do deporte