15/5/13

Presentación sobre Roberto Vidal Bolaño

O RAP DA LINGUA

Queredes cantar un rap en galego? Pois mirade que ben o fan estes nenos e nenas!

13/5/13

SEMANA CULTURAL: Contacontos para 1º Ciclo e E.I.

Xa estamos en plena Semana Cultural! Hox tivemos unha sesión de contacontos a cargo dos nenos e nenas de 2º A. Fixeron catro sesións!!! Parabéns a eles e a todo o alumnado que asistiu, porque se portaron moi, moi ben.
 O conto que nos contaron foi "Orellas de Bolboreta", e a partir de agora xa ninguén se vai burlar dun compañeiro/a, verdade? Como se dixo: "Todos somos diferentes, pero iguais!!"
Aquí tendes a presentación das fermosas ilustracións do conto. 


 

9/5/13

WEBQUEST DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Con esta webquest, realizada polo ENDL do centro, podedes aprender moito sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013. Animádevos a descubrir a un dos mellores dramaturgos da nosa literatura. 



3/5/13

MURAIS DE 4º B

 Unhas nenas de 4º decidiron presentar estes murais tan fermosos como traballos do I Certame Literario. Mirade que ben quedaron!!

23/4/13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Sabes que será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas? Pois si, este escritor que deixou todo pola súa paixón: o teatro. Despois de pasar por outros oficios consegue facer o que máis lle gustaba, teatro. E traballa no teatro facendo de todo: decorador, iluminador, electricista, director, actor, autor, empresario...
Escribiu moitas obras de teatro en galego, algunhas dirixidas aos máis pequenos, como «O xogadeiro», escrita con menos de quince anos e que foi a súa primeira obra. Na única representación que fixeron, aos actores escapoulles unha gran pedra que afundiu o escenario. O público aplaudiulles moito, pero as profesoras do colexio case os corren a paus.
 
Se queres saber máis sobre el, preme nas imaxes.
E AGORA UN VÍDEO PARA MAIORES.

CONTO VIAXEIRO

O noso conto viaxeiro xa está case rematado!!! Só falta a portada e a contraportada, que farán os nenos e nenas de E. Infantil. Vaivos gustar moito este conto cheo de aventuras espacias! Aí vai un aperitivo, mirade que debuxos máis chulos!!
Aínda que estaba previsto presentalo hoxe, día 23 por ser o Día do Libro, deixarémolo para a Semana Cultural, cando a biblioteca estea ben chula con novas cores nas súas paredes.

8/4/13

MURAL DO DÍA DA POESÍA

Entre todos os nenos e nenas do "cole" fíxose un fermoso mural para celebrar o Día da Poesía, en flores e follas escribiron emocionantes poemas de diferentes autores/as e de creación propia. Que fermoso quedou!! Así tamén celebramos o Día da Árbore, e recordamos o importante que é coidar a natureza, adornando as follas e as flores con poemas sobre o tema. Aquí tendes os traballos de 4º B e a foto do mural colectivo.
 

FOTOS DO MURAL COLECTIVO



5/4/13

PROXECTO PICASSO

Os nenos e nenas de 5 anos son uns verdadeiros/as artistas!!! Aquí tendes o seu fermoso "Recuncho da Arte" e os espectaculares arlequíns que lles regalaron aos seus pais.
PARABÉNS!!

18/3/13

SEMENTANDO POEMAS

Este xoves temos unha dobre celebración: o Día da Poesía e da Árbore. O alumnado de EI está a preparar uns fermosos poemas, xa veredes que ben o fan!!! Tamén prepararemos un emocionante conto que fala de árbores: "As Árbores da Paz".
Empezamos, agora, cun vídeo do noso benquerido Manuel María e os recursos para traballar a poesía.



RECURSOS:

SON DE POETAS (Poemas musicados en galego)

 O Q do mundo(Escolma  de poemas en galego dende a Idade Media ata a actualidad 

A NOSA PRESENTACIÓN DE "AS ÁRBORES DA PAZ"







As árbores da paz 2 from ceipbarcelos

AQUÍ TENDES OS VÍDEOS DE E.I., HAI QUE FELICITAR AOS NENOS/AS E AS "PROFES" POR ESTE ESTUPENDO TRABALLO!!!
EN PRIMEIRO LUGAR TEMOS AO ALUMNADO DE 3 ANOS QUE RECITA CON MOITA EMOCIÓN OS VERSOS DE ROSALÍA.DÁ GUSTO VELOS!!

MIRADE QUE BEN O FIXERON TAMÉN OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS!! 

 

 

 E AGORA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS RECITANDO "ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES" DE ROSALÍA DE CASTRO E O POEMA TITULADO "O ZOSCADOIRO". PARABÉNS TAMÉN PARA ELES!! 


6/3/13

DÍA DA MULLER TRABALLADORA/ CAZA DO TESOURO


 
O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. En todo o mundo, hai e houbo unha morea de mulleres que foron moi importantes para a cultura, política, ciencia... dos seus respectivos países. E, como non, en Galicia tamén temos moitísimas mulleres loitadoras, emprendedoras... Queres coñecelas? 

A continuación, tes unha caza do tesouro cunhas preguntas que deberedes responder individualmente ou en parellas .
O texto terá que presentarse con limpeza e corrección.
Poderedes entregalo ata  o vindeiro martes.
Os/As gañadores/as recibirán un agasallo.
Se te atreves a "cazar" respostas, preme aquí.




 
Se queres ler sobre outras mulleres científicas, como Hipatía de Alexandría ( que naceu no ano 370) ou Marie Curie, preme nas súas fotos.

E agora, un vídeo sobre o conto titulado "O Libro dos Porcos" , seguro que na vosa familia colaborades todos, verdade? :