21/2/24

SALÓN DO LIBRO

 Do 1 ao 17 de marzo de 2024, nova edición do Salón do Libro de Pontevedra.

No seguinte enlace podedes consultar o programa con horarios e actividades que se levarán a cabo

Programa

No cole xa estamos a traballar no mundo da máxia para levar un traballiño.









17/2/24

ENTROIDO 2024

 Un ano máis celebramos o entroido. Despois dunha semana de mandadiños na que pintando a cara nos transformamos cada día en persoaxes diferentes coma piratas, indios ou pallasos, chegou o gran día do desfile.

Maxía,  temática deste ano,música e cor inundaron o patio:

















6/2/24

Contacontos Anxo González Guerra

 Encántanos escoitar contos e máis cando os conta unha persoa coma Anxo, profesor xubilado ao que lle encanta contar historias, especialmente ao seu neto. Hoxe fomos nós os afortunados. Falounos de trasnos e de trasnadas, de personaxes misteriosos e máxicos coma  GATIPEDRO  ou SERPICÁN que fixeron as delicias do alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria.



Un verdadeiro placer!

Pinchando na foto podedes ler máis historias que Anxo conta ao seu neto Aldán