23/2/10

BOLETIN 2010 1º

CEIP BARCELOS ENDL 2010–1º
VIÑERON OS REIS
O 22 de decembro viñeron os Reis Magos ao colexio e diante deles cantamos, recitamos poemas e lemos as cartas que redactaramos. Algunhas destas publicáronse no periódico mural e no blogue (http://enlbarcelos.blogspot.com).

A NOSA ESCOLA EN EUROPA
Dentro de pouco a editorial Planeta distribuirá o libro que redactamos entre todos sobre A nosa escola en Europa.

SEMANA INTERCULTURAL
Querémola facer este ano co alumnado do 2º e 3º ciclos de Primaria. O tema será a canción tradicional nas nosas culturas de orixe. Cada alumno ou alumna destes ciclos buscará unha canción das que os seus avós cantaban cando eran novos. O texto da canción estará na lingua orixina
ria sen necesidade de o traducir ao galego ou ao castelán. O alumno ilustrarao cun debuxo, foto ou copia dunha foto, referentes á situación familiar, social ou festa en que se cantaba. O prazo de presentación é entre o 1 e o 5 de marzo. As cancións exporanse en cada aula na semana do 8 ao 14 de marzo. Coas ben presentadas farase unha exposición final no taboleiro do ENDL. As máis selectas publicaranse no blogue e nos periódicos escolares.

AUTOCONTACONTOS
Realizaremos tamén esta actividade, destinada só ao alumnado do 2º e do 3º ciclo. Na primeira fase seleccionaranse catro por aula (ata o 15 de marzo). Na segunda (ata o 15 de abril) seleccionaranse dous por ciclo. Estes recibirán cadanseu premio e intervirán como contacontos na Semana das Letras Galegas, en maio.
24 de febreiro
ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE
2010

En galego mola máis.
Porque é unha lingua xeitosa que xa falaban os pais e as nais de hai mil anos, cando aínda o castelán ninguén o falaba en Galicia.
En galego mola máis.
Porque non está ben que unha lingua tan fermosa se esqueza, perda e morra, como lle pasará se cada vez non a usamos máis.
En galego mola máis!
en GALEGO mola
máis

Outras actividades
Nos meses de marzo e abril realizaranse as actividades correspondentes ao intercambio escolar co colexio de Cordeiro (Valga). Neste momento, o alumnado participante preparara os actos e escríbese cos do outro colexio.
No mes de abril convocarase un concurso de redacción e ilustración de contos. O mellor conto de cada ciclo será impreso e distribuído entre o alumnado. Xa podedes ir pensando o voso conto. Procurade unha idea bela e orixinal.