Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2011

O ENTROIDO EN BARCELOS

Imagen
Este ano o tema do noso entroido foi a música, como poderedes ver nas fotos contamos con gaitas, gaiteiros, rapeiros e a gran pequeorquestra barcelin.

DÍA DA PAZ

Imagen
En Barcelos celebramos o día da paz recitando poesias que nos mesmos escribimos, e facendo murais mui grandes e bonitos para recordar a todos que todos os días teñen que ser os da paz. SE EU SOUBESE FACER MAXIA Se eu soubese facer maxia un, dous, tres, as pelexas e as guerras faría desaparecer. Nenos e nenas poderían estudar e aprender, cos amigos xogarían, ledos poderían medrar, todos falarían con respecto e con paciencia xuntos traballarían por unha maior convivencia. Alumnos e mestres construirían a paz. Non existiría o colexio con violencia e desigualdade. Se eu soubese facer maxia, un, dous e tres, moitas cousas boas poderían ocorrer. Paula Ordóñez Castro, 3º B A GRAN VERDADE DA PAZ Oh, paz, que lindo son fai esta palabra cando a dis de corazón! Mais aínda máis belo é velo cumprir, ver que á guerra xa non se volve ir. Mais parecemos un pouco tontos porque isto non é como o conto; non pode seguir así e podemos axudar agora e dende aquí. E a moralexa é: “Se á paz queres axudar, fain...