19/12/14

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

       Aquí vos quedan os debuxos gañadores do concurso de postáis deste Nadal. Parabéns para tod@s e especialmente @s agraciad@s.

      Cargade as baterías e desfrutade das vacacións
 que logo se van!





BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

18/12/14

CHEGOU O NADAL!

        Os nenos de Educación Infantil adornamos o cole con moitas estrelas grandes, pequenas, amarelas, vermellas, azuis, de cores, etc. Mirade que bonitas!


Gracias a tódalas familias pola súa colaboración e BO NADAL!

Facede click sobre a fotografía para ver máis fotos.


15/12/14

TRABALLOS DO OUTONO

     Agora deixámosvos unha serie de presentacións sobre algúns traballos que recollen o outono a través da ollada dos nen@s da nosa escola.
     Os traballos están agrupados por aulas así que so tedes que facer un click no voso curso para ver o traballo realizado.
     Aquí atoparedes traballos para tódolos gustos e de tódalas cores, xa que hai debuxos dende infantil ata sexto de primaria.

Desfrutádeos!


MODALIDADE  DE DEBUXO


4 ANOS A                        4 ANOS B
                   Fotografía



5 ANOS A                     5 ANOS B
                    Fotografía



MODALIDADE DE REFRÁN ILUSTRADO



    




2º A PRIMARIA         2º B PRIMARIA
Fotografía     



3º A PRIMARIA                3º B PRIMARIA
        



MODALIDADE  DE CÓMIC


4º B PRIMARIA




5º A  PRIMARIA        5º B PRIMARIA
Fotografía      



 6º A PRIMARIA                     6º B PRIMARIA
   

1/12/14

ANIMACIÓN Á LECTURA: "CONTOS ILUSTRADOS"

  No mes de novembro realizamos, na biblioteca do noso centro, unha actividade sobre un pingüín que quería ser astronauta.
     "Panchito Astronauta" xiraba arredor da historia deste gracioso personaxe, que nos presentaron o ilustrador Carlos e o guionista Quique.
     @s  nen@s de infantil de tres, catro e cinco anos, pasaron unha mañá entretida da man destes dous dinamizadores e dos seus amigos: "Panchito", o cociñeiro Gregorio e Tina.


Facede un click sobre a imaxe para ver as fotos da actividade.

18/11/14

MAGOSTO 2014

       Un ano máis a festa das castañas chega ao noso colexio. Coma en anos anteriores, e gracias á colaboración de toda a comunidade escolar, poidemos sacar adiante esta festa tan arraigada na nosa cultura. Nesta festa facémoslle unha pequena homenaxe a este froito, que tanto se usaba na cociña galega antes da chegada da pataca.

       Se picades na foto da abaixo, abriredes un álbum con algunhas fotografías desta pequena celebración. Gracias a todos pola vosa axuda!

¡ LONGA VIDA Á CASTAÑA!

4/11/14

ACTIVIDADE SOBRE BOTÁNICA.

      Co motivo da renovación da Praza de Barcelos, realizamos no colexio un ciclo de actividades arredor das distintas especies vexetais que podemos atopar na nosa praza.
     Para elo desprazáronse á nosa biblioteca, algúns especialistas que nos informaron das características propias de cada especie, ensinándonos a maneira de diferencialas.
        Se picades na fotografía de abaixo poderedes ver algunhas fotos da actividade. 

https://plus.google.com/photos/103778021515315938122/albums/6077871084263774977?banner=pwa

Aquí tedes un pequeno vídeo da actividade.


FOTOS DAS CABAZAS DO SAMAÍN.

      Como o prometido é débeda, aquí están as fotos dos calacús realizados polo alumnado para o Samaín.
      Como vedes, na mostra había un pouco de todo. Tiñamos cabazas graciosas, tenebrosas, vampíricas, fantasmais...
      Grazas a tod@s pola vosa implicación nesta celebración, esperamos que o próximo ano teñamos, cando menos, tantas e tan boas cabazas coma este.



3/11/14

SAMAÍN 2014

       O Samaín chegou ao noso colexio cheo de cabazas de tódolos tamaños, formas e cores.
      No recibidor do colexio fixemos unha exposición con tódalas cabazas realizadas polo alumnado e as súas familias. Todas elas eran de gran calidade e, por elo, resultou imposible decidirnos para elixir as mellores. Para solucionar este "conflito" escolar, optamos por repartir uns pequenos agasallos entre todos os participantes e deixarlles así a boca doce de cara ao ano próximo.

       Gracias a tod@s pola vosa participación nesta celebración que, cada vez, cobra máis forza en Galicia!



Permanecede atent@os ao noso blog xa que logo subiremos as fotos das cabazas expostas no colexio.

30/6/14

REVISTA O GALO 2014


O noso Galo cacarexa de novo. Despois dun traballo moi duro do alumnado da nosa escola, a revista sae, un ano máis, chea cos traballos dos vosos fillos/as.



Facede un click sobre o enlace de abaixo para ver a revista completa.

16/5/14

 PENÉLOPE

   Penélope é, quizais, un dos poemas máis representativos de Díaz Castro; aquí vos queda. 
     Máis abaixo tedes un enlace para escoitar este poema cantado por Aurora López cos arranxos de Teresa Luján.

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/10/penlope.html
Aqui tedes máis actividades sobre Díaz Castro. As solucións poderédelas atopar na información que se foi colgando neste blog durante estes días.

Desfrutádeas!

http://seminariogalan.org/inicio/ver/249



12/5/14

Neste enlace tedes unhas divertidas actividades sobre Díaz Castro e algunha outra persoa decisiva para as Letras Galegas. Sabedes de quen se trata?

https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/letras%20galegas2014/letras%20galegas2014.html

7/5/14

Xosé María Díaz Castro


    Hoxe deixámosvos un documental de media hora (daquela non apto para os máis pequenos da casa) sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.
    É un documental que xa ten os seus anos, pero pode ser válido para o alumnado do terceiro ciclo e as súas familias. Consiste nunha aproximación ao mundo de Díaz Castro, levados pola man do propio autor.
    No documental faremos un percorrido polos lugares onde transcorreron os seus primeiros anos de vida, escoitando recitar ao autor os seus textos máis representativos. Foi gravado no ano 1987 e remasterizado recentemente co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2014.
  



6/5/14


Día das Letras Galegas 2014

17 de maio

Xosé María Díaz Castro


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
Currículum
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. 
Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).

13/3/14

 

O Entroido chegou con forza ao noso colexio un ano máis.

Aquí tedes algunhas fotos desta celebración, na que participou toda a comunidade educativa.

 

ENTROIDO 2014

Fotografía