Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2009

CONTOS E RECEITAS DO SAMAIN

Imagen
Era unha vez un neno chamado Álvaro, que vivía coa súa nai Molina, co seu pai Galileo e coas súas dúas irmás, Rebeca e Zelanda. Álvaro sempre se ría das irmás e das súas bonecas. Un día Galileo tróuxolle unha boneca a Zelanda, porque Álvaro sempre lle rompía as bonecas aproveitando que era pequena. Mentres Zelanda mimaba a súa boneca de fermosos cabelos vermellos, a boneca puxo a súa mirada misteriosa no neno. Cando chegou a hora de durmir, a boneca agora miraba con desprezo ao neno. Ao día seguinte, día de Samaín, Molina, Galileo, Rebeca e Zelanda foron de compras e Álvaro quedou só coa boneca, que o seguía mirando con desprezo. Chegou un momento en que a boneca empezou a falar; dicíalle: –Non me rompas, ou xa verás! –cada vez con voz máis grave, mentres andaba cara Álvaro. Álvaro, asustado, tirou a boneca ao lixo despois de pegala. Cando chegaron seus pais e as súas irmás, preguntáronlle ao neno: –Onde está a boneca? Álvaro respondeu con disimulo: –Non o sei. E Zelanda dixo chorando:...

BOLETIN

CEIP BARCELOS ENDL 2009 – 3º PREMIOS SAMAÍN Moitas familias participaron no concurso do Samaín e algúns ne- nos e nenas escribiron contos de medo e receitas de alimentos fei- tos a base de cabazas e castañas. O Magosto deste ano celebrámolo o pasado día 6. No blogue (http:// enlbarcelos.blogspot.com) encon- traredes fotos do Samaín e do Ma- gosto. Tamén acharedes os no- mes dos premiados nos concur- sos. A NOSA ESCOLA EN EUROPA O alumnado de primaria está escribindo as redaccións e prepa- rando as imaxes dun libro colecti- vo sobre o tema da nosa escola e a nosa cidade en Europa, que nos editará a Planeta. No primeiro tri- mestre de 2010 distribuirase en- tre as familias. BARCELOS PLURILINGÜE Trátase de escribir, expoñer e dicir en varias linguas –galego, castelán, inglés, francés, portu- gués, outras que falan as familias dos nosos alumnos, etc.– peque- nos textos. Traballaremos con “ Happy Birthday to you ” ( “ Parabéns para ti ” ), “ Stille Nacht ” (Noite de paz ” ) e “ Adeste fi...

PREMIOS SAMAÍN 2009

Imagen
PREMIOS DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE CABAZAS DO SAMAÍN 2009 Mauro Fernández Krivonosoff 4º EI A Alba Pérez Franco 4º EI B Lara Martínez Fontán 5º EI A Alejandro Sartal Domínguez 5º EI B Lucía Ferreiro Fernández 6º EI A Brem Sobral Louro 6º EI B Ángela Losada Pérez 1º EP A Aitana Varela Álvarez 1º EP B Carlota Cascallar Redondo 2º EP A Carlota Otero Pazos 2º EP B Hugo Vidal Cabanelas 2º EP B Anabela Sánchez Delgado 3º EP A Marta Penedo Custodio 3º EP B Vanesa Covelo Vilariño 4º EP A Marina Losada Pérez 4º EP B Bruno Vidal Cabanelas 5º EP A Ángel Betanzos Moure 5º EP B Julio Godoy Alonso 6º EP A Antón Rodríguez Carballo 6º EP B Dentro duns días publicaremos os mellores contos de medo e as receitas de pratos de cociña a base de castañas ou cabazas. Decoramos a nosa entrada Fixemos moitas cabazas ...

NOVO CURSO 2009/10

Comenzamos un novo curso, no que seguiremos a amosarvos todaslas actividades que facemos no colexio Barcelos para fomentar o uso do noso idioma. Esperamos segir contando con todos