Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2008
EN GALEGO MOLA MÁIS CEIP BARCELOS ENDL 2008 CONCURSOS E CAMPAÑAS RECEITAS CON CABAZA OU CASTAÑAS Poden presentalas as familias. Tráenas os seus fillos ás clases, onde serán corrixidas se o necesitan. Os nenos poden adornalas con debuxos. As mellores serán publicadas no blog e nos periódicos escolares. Prazo de presentación: do 29 de outubro ao 7 de novembro. CALENDARIO 2009 O alumnado prepara as imaxes dos meses por aulas na primeira quincena de novembro . A actividade forma parte dunha campaña de promoción da lingua galega. Editarase e distribuirase en decembro. BARCELOS PLURILINGÜE Inclúe dous tipos de actividades. Unha referida ás aulas e ao alumnado. Trátase de escribir, expoñer e dicir en varias lenguas –galego, castelán, inglés, francés, portugués, outras que falan as familias dos nosos alumnos, etc.– pequenos textos. Comezaremos por “ Happy Birthday to you” (“Parabéns para ti”) e “Stille Nacht” (Noite de paz”). A outra é destinada ás familias. Haberá unha charla coloquio sobr...