Entroido 2026
Como todos os anos, no noso cole celebramos a chegada do Entroido cunha tradición que lles encanta aos nenos e nenas: o mandadiño.
Durante a semana previa ao desfile, cada día traen ao cole un pequeno encargo, sinxelo e divertido, que nos axuda a ir creando ambiente e ilusión.
Este curso, o mandadiño ten un fío condutor moi especial: a música.
E non é casualidade, xa que a música é tamén a temática elixida para o Salón do Libro, no que o noso centro vai participar ao longo das próximas semanas.
Ao longo da semana, o alumnado irá cumprindo os encargos do mandadiño relacionados co mundo musical, enchendo o cole de ritmo, cor e alegría, ata chegar ao gran día do desfile, no que cada clase lucirá o seu disfrace.
💛 Venres dourado
O día 15 de febreiro conmemórase o Día do Cancro Infantil.
Como xesto de apoio, agarimo e esperanza, desde o noso cole sumámonos a esta iniciativa.
Por iso, o venres animamos ao alumnado a levar algo de cor dourada, simbolizando luz e solidariedade (un pequeno detalle -lazo, paxariña-diadema…-engadido ao disfrace que leve cada alumno)
Con esta proposta pretendemos:
• Fomentar a participación de todo o alumnado.
• Vivir o Entroido dunha maneira lúdica e creativa.
• Crear conexións entre as diferentes actividades do centro.
• E, sobre todo, gozar xuntos da festa.
Agardamos que este Entroido musical se viva con tanta ilusión nas casas como no cole 🎶🎭






Comentarios